A Rede de Centros Singulares de
Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC)
celebrará o vindeiro sábado 2 de decembro unha xornada de divulgación
destinada ó público xeral para mostrarlle á sociedade o labor de
excelencia científica que realizan os tres centros da rede (CiQUS, CiMUS e CiTIUS),
amosando a calidade dos seus resultados de investigación ó longo dun
percorrido que permitirá comprobar de primeira man o valor engadido que
estes centros están a achegar á mellora da calidade de vida, non só na
nosa contorna máis próxima, senón tamén a nivel global. Entre as
actividades que poderán atopar os visitantes ao longo do día figuran
demostracións con drons, robots, lentes 3D, obradoiros de experimentos
en química e biomedicina, circuítos de xeración de enerxía, teatros
científicos ou charlas divulgativas (entre outras), así como mostras de
tecnoloxías desenvolvidas no marco de traballo dos centros.
martes, 28 de novembro de 2017
venres, 24 de novembro de 2017
V Concurso de postais de Nadal na USC
A Fundación USC Deportiva convoca por quinto ano consecutivo o seu
concurso de postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas nados entre os anos
2005 e 2014 (ambos incluídos) e cuxa temática debe unir o Nadal e o deporte. O prazo para entregar
os traballos rematará o 11 de decembro.
O premio consistirá nun vale para cambiar por material deportivo e unha praza no Verán CampUSC 2018, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai nove veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación convocante.
O xurado estará composto por un membro do padroado da Fundación USC Deportiva, unha persoa experta en arte, e representantes da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e da Fundación USC Deportiva.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_11/noticia_0144.html
O premio consistirá nun vale para cambiar por material deportivo e unha praza no Verán CampUSC 2018, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai nove veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación convocante.
O xurado estará composto por un membro do padroado da Fundación USC Deportiva, unha persoa experta en arte, e representantes da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e da Fundación USC Deportiva.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_11/noticia_0144.html
luns, 20 de novembro de 2017
Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia visitará a NASA
Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia é un dos tres alumnos do SEK-Atlántico que se formarán cinco días na NASA
https://www.lavozdegalicia.es/
O programa de contidos de Stage está baseado en diferentes retos, logros e microproxectos, con modelos experimentais traballando nos laboratorios e salas de simulación da NASA Space Center de Houston. Traballarán con enxeñeiros e persoal de alto nivel da NASA, realizarán actividades como Scuba Challenges, termo/cryo Design, retos en robótica e de deseño de hábitats en Marte nun entorno tecnoloxicamente avanzado e internacional. Tamén realizarán un Bruch cun astronauta en activo, con comidas no mítico "Zero-G Dinner NASA"e recibirán segundo obxectivos Diploma Acreditativo.
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/11/17/tres-alumnos-colegio-sek-atlantico/1787624.html
https://www.lavozdegalicia.es/ noticia/pontevedra/poio/2017/ 11/18/tres-alumnos-sek- atlantico-formaran-cinco-dias-
nasa/0003_201711P18C7994.htm
Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia
Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia, premiado pola súa traxectoria persoal marcada polo compromiso social, a participación e os valores. Chegou a crear un prototipo de bastón para invidentes.
file:///C:/Users/Usuario/AppData/Local/Temp/2017_11_15_Diario%20de%20Pontevedra[1].pdf
venres, 17 de novembro de 2017
III Xornada. Mulleres na ciencia
III Xornada. Mulleres na ciencia
1 de decembro de 2017 ás 16:00 horas
Aula Magna da Facultade de Matemáticas
Conferencia
Mulleres con ciencia: ciencia sen mulleres? a cargo de Marta Macho Stadler
Inscrición gratuíta:
Prazo de inscrición ata o 30 de novembro ás 12:00 horas. Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0069.html


