Specialisterne ofrece a posibilidade de facer un grupo en Galicia, haberá que contar con un mínimo de 10 alumnos.
luns, 26 de marzo de 2018
domingo, 18 de marzo de 2018
VI Campus de Verán XuvenCiencia 2018
Volve o Campus XuvenCiencia, o campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo!
Cando e onde ten lugar? Do 1 ao 7 de xullo no Campus Terra de Lugo.
Quen pode participar? O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Temos un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).Preinscrición: O formulario de preinscrición ábrese desde o venres 27 de abril ás 15:30h.
http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/gl
xoves, 15 de marzo de 2018
Explícoche matemáticas 2.0
Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa sétima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato
dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes
en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou
profesora.
luns, 12 de marzo de 2018
"Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".

O día 10 de marzo celebramos o
primeiro encontro coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia
(ASAC) na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, que
respondía a unha crecente demanda por parte de socios e socias da
Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT-Galicia (AGAES), co título:
"Encontro
con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".
A presidenta e a vicepresidenta de
ASAC proxectáronnos un interesante e reivindicativo video da súa
asociación, dando lugar de inmediato a algunhas intervencións por
parte dos asistentes ao acto, nais e pais do alumnado de
ESTALMAT-Galicia e socios/as de AGAES, así como da decana da
Facultade e da coordinadora coas Familias de ESTALMAT-Galicia
presentes no acto.
As distintas intervencións puxeron de
manifesto as diferenzas entre os dous proxectos: por unha banda a
Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC e por
outra ESTALMAT-Galicia (estímulo do talento matemático).
A Unidade de Estudo e Investigación
en Superdotación da USC colabora coa Asociación de Altas
Capacidades, cuxo obxectivo é fornecer un lugar de encontro das
familias de nenos con alta capacidade intelectual, mentres
ESTALMAT-Galicia colabora con AGAES cos obxectivos de detectar e
tratar o talento matemático precoz.
Conscientes destas diferenzas, deixamos
a porta aberta a futuras colaboracións entre as distintas
asociacións para chegarmos a unha formación complementaria para
familias e alumnado.
Agradecementos:
Á decana da Facultade de Matemáticas
pola súa presenza e disponibilidade do Centro.
Ás nosas convidadas: presidenta e
vicepresidenta de ASAC.
Á Coordinadora coas familias de
ESTALMAT-Galicia.
Saúdos
A directiva de AGAES
xoves, 8 de marzo de 2018
International camp FdI-2018
International camp FdI-2018
14–18 years old students from all over the world are invited to take part in the 7th international session of the Multi-disciplinary summer camp «Formula of Unity».
Dates: July 16–30, 2018.
Place: recreation site «Manor of the lake Sirkojarvi» in 40 km to the north of St. Petersburg (near Garbolovo).
Transfer: traditionally, we meet each team at the airport and accompany the participants to the camp. It is important that you arrive to St. Petersburg on July 16 not later than at 16:00 and leave the camp on July 30 (not earlier).
Living conditions: lodging in rooms for 2 persons each, facilities on the floors, 6 meals per day, individual food requirements can be met.
Infrastructure: green territory, forest, sport facilities, meeting hall, own beach at the lake.
http://thales.cica.es/estalmat/?q=node/196
Dates: July 16–30, 2018.
Place: recreation site «Manor of the lake Sirkojarvi» in 40 km to the north of St. Petersburg (near Garbolovo).
Transfer: traditionally, we meet each team at the airport and accompany the participants to the camp. It is important that you arrive to St. Petersburg on July 16 not later than at 16:00 and leave the camp on July 30 (not earlier).
Living conditions: lodging in rooms for 2 persons each, facilities on the floors, 6 meals per day, individual food requirements can be met.
Infrastructure: green territory, forest, sport facilities, meeting hall, own beach at the lake.
http://thales.cica.es/estalmat/?q=node/196
martes, 6 de marzo de 2018
Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia
A USC, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, súmase á
conmemoración desta data con dúas actividades para visibilizar o
traballo das científicas e rescatar do esquecemento ás pioneiras que
pasaron pola nosa universidade.
http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0071.html
http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0071.html
domingo, 4 de marzo de 2018
"Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia"
Atendendo á petición de AGAES, dentro da programación ESTALMAT-Galicia, o sábado 10 de marzo ás 11h. celebrarase a segunda sesión coas familias do curso 2017-18, baixo o título "Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".
Contaremos neste acto coa presenza da presidenta e secretaria de ASAC, Mar Uzal e Katia Sánchez, respectivamente.







