No acto interviñeron a decana da Facultade, M. Elena Vázquez Cendón, quen afirmou que “os
resultados son moi positivos tanto en grao como en mestrado e doutoramento”, e Alberto Díez de
Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, para quen “a calidade mídese na
satisfacción dos egresados, nos contidos que aprenden nas clases, na ilusión e na capacidade de
acceder ao mercado laboral ben preparados”.
Pola súa banda, Alberto Cabada Fernández, director do Instituto de Matemáticas da USC,
destacou durante a presentación “a capacidade dos nosos estudantes de crear unha linguaxe
común entre diferentes disciplinas, o que permite conseguir unha alta inserción laboral”.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_05/noticia_0045.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/05/10/mitad-graduados-matematicas-trabajan-resto-estudian-preparan-oposiciones/0003_201805S10C6993.htm
xoves, 10 de maio de 2018
sábado, 5 de maio de 2018
XXIII Día da ciencia na rúa
O sábado 5 de maio, de 11:00 a 19:00, celebramos o XXIII Día da Ciencia na Rúa
No Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste libro podes consultar todas as actividades da xornada
https://www.coruna.gal/cultura/gl/axenda/historico/detalle-asset/xxiii-dia-da-ciencia-na-rua/suceso/1453652379322?argIdioma=gl
https://www.coruna.gal/cultura/gl/axenda/historico/detalle-asset/xxiii-dia-da-ciencia-na-rua/suceso/1453652379322?argIdioma=gl



