O teatro Rosalía de Castro acollerá o día 25 de febreiro a xornada de charlas científicas
Naukas Coruña 2017, que organizan os
Museos Científicos da Coruña xunto con Naukas, e que nesta edición se presenta baixo o lema
A vida, o Universo e todo o demais.
A xornada, que terá carácter gratuíto, pero que require
rexistrarse, ofrecerá un total de nove sesións de carácter divulgativo e estará conducida polo humorista Víctor Grande, que exercerá de mestre de cerimonias.
Na actividade, organizada polo Concello con Naukas, tamén colaboran a
Escola de Imaxe e Son da Coruña e a
Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU.
Ningún comentario:
Publicar un comentario