martes, 8 de marzo de 2016

Concurso Explícoche Matemáticas

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración coa Fundación Barrié e o SNL, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.

martes, 1 de marzo de 2016

Campus Científicos de Verán

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 7ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Co firme obxectivo de potenciar o interese de estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos diseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 3 e 30 de xullo de 2016. O programa completarase con actividades de lecer científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia) e deportivas.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día 24 de febreiro ata as 15:00h do día 16 de marzo de 2016. Na seguinte páxina web http://www.campuscientificos.es poderase atopar máis información con todos os detalles do programa. 

Rogámoslle axúdenos a difundir esta iniciativa entre todos aqueles estudantes que puidesen estar interesados en presentar a súa solicitude. 

En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Tfno: 91 425 18 18 (Atención telefónica de lunes a viernes de 9.00 a 13.30 horas)