venres, 27 de setembro de 2019

O proxecto Estalmat-Galicia recibe á súa XIII promoción

O acto inaugural terá lugar este sábado 28 de setembro, ás 10.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas


Estalmat-Galicia ten examinado a case 4000 estudantes
 na súa historia. Imaxe de arquivo
O acto de apertura do curso estará presidido polo Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, acompañado pola decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e polo presidente do proxecto Estalmat-Galicia e ex reitor da USC, Juan Viaño Rey.  Xunto a eles, tomarán parte os representantes dos patrocinadores principais do proxecto,  Juan Carlos Varela Vázquez, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado;  e Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo. Completará a mesa  a profesora  Mercedes Rodriguez Bruzos do IES Rosalía de Castro, en representación dos docentes que mobilizan e avalan aos estudantes que participan nas probas de selección.
http://xornal.usc.gal

Promocion13

sábado, 14 de setembro de 2019

Carmen Pomar loa o traballo de ESTALMAT-Galicia a prol do desenvolvemento do talento matemático entre o alumnado

 
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiu hoxe unha das insignias de honra que outorga este organismo en recoñecemento do labor de institucións e profesorado a prol do estímulo matemático
 
 

 A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, recibiu hoxe a insignia de honra de ESTALMAT-Galicia, o proxecto para a detección e estímulo do talento precoz en Matemáticas, impulsado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
(AGAPEMA), da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
e da Facultad de Ciencias de la Educación da Universidade da Coruña. Ademais de agradecer esta distinción -que no apartado institucional tamén recibiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo- Carmen Pomar subliñou que o programa de Estímulo do Talento Matemático de estudantes galegos, dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, “coincide co esforzo que a Consellería vén realizando na última década a prol do impulso das vocacións STEM entre o alumnado”.
www.xunta.gal

xoves, 12 de setembro de 2019

II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE C3)


O IGFAE lanza a primeira das súas actividades organizadas no marco da Semana da Ciencia que terá lugar en novembro: a segunda edición do Concurso de Comunicación Científica (C3). O obxectivo deste concurso é promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos.
A participación no concurso está aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; en estudantes de doutoramento, máster e grao; en alumando de ESO e Bacharelato, profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física e nos profesionais da divulgación científica e xornalistas.