venres, 21 de decembro de 2018

BO NADAL

A primeira sesión do novo ano será o 12 de xaneiro. Lembrade que o OPEN MATEMÁTICO comeza o día 7, antes desa data Covadonga ou Cristina poñeranse en contacto convosco atraves do correo electrónico
Compartimos  a felicitación que a decana Elena Vázquez Cedón deulle aos nenos na última sesión.




Os soci@s de AGAES tamén queremos felicitar as festas á decana e a tod@s os  que fan posible o gran proxecto
ESTALMAT-GALICIA

venres, 14 de decembro de 2018

Chega Science Truck, o novo proxecto de FECYT que leva aos youtubers de ciencia ás aulas

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) estrea Science Truck, un novo proxecto de divulgación da ciencia protagonizado por youtubers, que se emitirá en directo desde centros educativos de ensino secundario. Está dirixido aos máis novos e ten o obxectivo de espertar o interese pola ciencia e aumentar as vocacións científicas.

xoves, 13 de decembro de 2018

MUNCYT A Coruña

http://www.muncyt.es/

Dous alumnos de Vimianzo, campións mundiais de modelado 3D na D3 Mobile

Os mozos Aitana Castiñeira De León e Sergio Castiñeira Fandiño, alumnos de segundo curso de bacharelato no IES Terra de Soneira de Vimianzo, acaban de ser nomeados campións do mundo de modelado 3D no campionato científico escolar do Campus Terra D3 Mobile Metrology World League 2018, impulsado pola Universidade de Santiago a través da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, de Lugo.

As mulleres que cambiaron o mundo chegan en libros por Nadal

As historias de mulleres que cambiaron o mundo chegan en forma de álbums infantís por Nadal, unhas vidas inspiradoras que comparten espazo nas librerías con clásicos como 'O Principiño' ou os contos de sempre, iso si, cunha nova e orixinal mirada.
laopinioncoruna.es

mércores, 5 de decembro de 2018

Rafael Rebolo, Ramón López de Mántaras, Pedro Jordano, Luis Liz Marzán y Pablo Artal, nuevos Premios Nacionales de Investigación


Los galardones que concede el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades suponen el reconocimiento más importante de España en el ámbito de la investigación científica
http://www.ciencia.gob.es

martes, 4 de decembro de 2018

OCEO NO INVERNO


Inauguración da exposición “Ciencia e Tecnoloxía en democracia 1978-2018” en A Coruña.

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, inaugurou hoxe na sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ( MUNCYT)  móstraa “Ciencia e tecnoloxía en democracia 1978 – 2018. 40 anos de investigación e innovación en tempos da Constitución española”, realizada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico industrial ( CDTI) para conmemorar os corenta anos da Constitución Española. 
http://www.ciencia.gob.es

A Xunta fai entrega do Premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou o Premio María Josefa Wonenburger 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo pola súa contribución á visibilidade das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.
Alicia Estévez está licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende o ano 1991 é catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Bioloxía no ano 1980
www.xunta.gal

luns, 3 de decembro de 2018

O ALUMNO DA USC FERNANDO CASTRO RECIBE O PREMIO ESPECIAL DO XURADO ARQUÍMEDES 2018

Felicitamos ao noso compañeiro Fernando Castro Prado, antigo alumno de Estalmat-Galicia e agora docente e membro do seu Comité Organizador, polo premio especial do xurado da décimo sétima edición do Certame Universitario Arquímedes, que recoñece os mellores proxectos de investigación realizados polo alumnado de grado e posgrado das universidades españolas. (noticia en La Voz de Galicia e El Correo Gallego)

http://www.estalmatgalicia.com/

sábado, 1 de decembro de 2018

A conselleira de Educación destaca a figura de Luís Castedo, mestre de varias xeracións de químicos

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na homenaxe ao químico Luís Castedo polo seu 80 aniversario, que se celebra a través do seminario Prospects in Chemical Sciences II. A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou a figura deste ortigueirés, que se converteu en “mestre de varias xeracións de químicos formados nas universidades galegas, que hoxe ostentan destacados postos no noso país e no estranxeiro”.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26560

A excelencia do alumnado de FP, premiada nas Galicia Skills 2018

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018, que se celebra desde o pasado mércores na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Un total de 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 modalidades ou skills formativas, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26566