xoves, 26 de decembro de 2013

Alan Turing consegue o "Indulto Real"

Imos contar esta nova para homenaxear a un dos grandes matemáticos da nosa historia, en particular da era moderna.

"A raiña Isabel II, de Inglaterrapor fin se resignou a pedir o póstumo perdón oficial ó gran matemático, Alan Turing, un dos grandes precursores da informática moderna."
 A máquina  electromecánica "Bombe" que deseñou Alan Turíng, conseguiu descifrar os códigos da máquina alemana "Enigma" que se utilizou durante a II Guerra Mundial.  Outra das máquinas de Turing, a "Colussus" xa  descifraba 25.000.000 caracteres por segundo.

 Paradoxicamente máis tarde sería condenado por ser homosexual.
 Para evitar a cadea, aceptou o que a que se pode chamar "castración quimica". As secuelas deste tratamento fixeron que un dos talentos máis grandes do século XX rematara suicidándose con 41 anos.

Outros dos temas tratados por Turing foi o da "Intelixencia Artificial". Unha das súas frases concluía dicindo que:    "Un computador pode ser chamado «intelixente» se é quen de enganar a unha persoa facéndolle crer que é un humano".

Rematamos dicindo que a raíña Isabel II chegou a esta decisión pola presión que tivo sobre todo, durante os últimos anos, onde se homenaxeo a Turing dende moitos campos, con forza e repercusión, sobre todo no ano 2012, cando facía 100 anos que nacera este talento matemático. 


Taller matemático de Primaria


Taller de matemáticas para o alumnado de Primaria no "Wikiespacio" (en castelán).

Atoparás unha morea de actividades para as distintas idades que comprende a Educación Primaria (6-12 anos).

Temos a ligazón a esta páxina na etiqueta  "Enlaces de interese"  deste blogue.

O viveiro do talento matemático na Prensa

Este ano xuntáronse alumnos da 1ª Promoción Estalmat- Galicia, que xa están na universidade,   con outros que prometen chegar e que están a facer os novos cursos de estimulación de talentos matematicos. 
Cada sábado adolescentes de toda Galicia afondan na USC nesta disciplina grazas á colaboración de universidade e do ensino medio.
Aquí aprenden, da man de 40 docentes universitarios e de secundaria, que as matemáticas "teñen que ver con todos os campos da sociedade", máis aló do que lles ensinan no instituto.

sábado, 21 de decembro de 2013

Bases para o Concurso de logotipo ou mascota que represente a entidade AGAES

O  sábado 14 de decembro de 2013,  a directiva da Asociación AGAES,  aprobou  a proposta de convocar un concurso entre os alumnos de ESTALMAT-Galicia para que deseñen un logotipo ou mascota que represente a entidade de AGAES.
 Entre outros puntos ,  obrigatoriamente deberase enviar ao enderezo electrónico de AGAES, amigosdoestalmat.galicia@gmail.com, con data límite 18 de xaneiro  segundo as BASES DO CONCURSO .

 Haberá tres premios: 1º de 30€, 2º de 20€ e 3º de 10€.

O Persoal que compoñen o Comité Organizador de ESTALMAT-Galicia seleccionará o debuxo ou logotipo gañador e os finalistas. 

O premio daráselle ao/á alumno/a gañador/ra en presencia da nai, pai ou titor/a na data que se lle comunique podendo coincidir coa clausura do curso de ESTALMAT-Galicia.

VER BASES DO CONCURSO

Cando comeza o inverno?


Este ano o inverno comeza hoxe,  sábado 21 de decembro ás 18:11, e prolongarase durante 88 días e 23 horas ata a chegada do equinoccio de primavera. Para determinar con exactitude o momento en que pasamos dunha estación a outra, os investigadores empregan o método astronómico que axiña explicamos.
Ao contrario do que se pensa, as estacións non dependen da distancia da Terra ao Sol, que só varía nuns cinco millóns de quilómetros entre o perihelio (punto máis cercano dun corpo celeste con respecto ó sol)  e o afelio (punto máis lonxano dun corpo celeste con respecto  ó sol). A sucesión de catro estaciones diferentes débese á inclinación do eixe de xiro da Terra respecto ao plano da súa órbita de translación. Se o eixo da Terra non tivese unha inclinación de 23º, o Sol acharíase todo o ano sobre o ecuador, todas as rexións recibirían a mesma cantidade de luz solar e non existirían períodos de climatoloxía diferenciada.

O inicio do inverno vén dado polo punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral (sur). O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23º 27') e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia coñécella como solsticio (Sol quedo ) de inverno. Neste preciso instante, no hemisferio sur iníciase o verán.

O día do solsticio de inverno é, ademais, o de menor duración do ano. Doutra banda, nesta época do ano a Terra alcanza o perihelio da súa órbita, aínda que, como recalcamos anteriormente, este feito non repercute nas estacións.

xoves, 19 de decembro de 2013

O rostro humano das matemáticas


Se queres coñecer a grandes matemáticos da historia clica na imaxe para entrar na páxina Divulga Matemáticas


Poderás encontrar a Pitágoras, Euclides, Arquímedes, Apolonio, Hipatía, Descartes, Fermat, Eule, Sophie Germanin, Ventura Reyes .... E un montón deles máis.


martes, 17 de decembro de 2013

Desafío matemático - Un número curioso

Un compañeiro da Asociación mándanos unha nova recollida no xornal do EL PAÍS    sobre un "desafío matemático extraordinario" que propón a Real Sociedad Matemática Española . 

O equipo que prepara os desafíos matemáticos decidiu abonarse durante todo o ano a un número da Lotería. Para elixir ese número, que debe estar comprendido entre o 0 e o 99.999, puxeron  como condición que tivese as cinco cifras distintas e que, ademais, cumprise algunha outra propiedade interesante. Finalmente conseguiron  un número que ten a seguinte propiedade: si  se numeran  os meses do ano do 1 ao 12, en calquera mes do ano ocorre que ao restar ao noso número de lotería o número do mes anterior, o resultado é divisible polo número do mes no que esteamos. E isto sucede para cada un dos meses do ano.

É dicir, si chamamos L ao noso número, temos por exemplo que en marzo L-2 é divisible entre 3 e en decembro L-11 é divisible entre 12.

O reto que suscita é que  hai que dicir  a que número de Lotería se está  abonado tendo que explicar por que ou como fixestes para  atopalo.

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES. Insisten  en que é importante que facer chegar xunto co número o razoamento de como  se achou dito número. Non se considerarán válidas as respostas que dean só o número ou que o atoparon probando todos un a un (a man ou cun ordenador).

luns, 16 de decembro de 2013

Comida en Guitiriz cos alumnos ESTALMAT (1º e 2º) os sábados 11 e 25 de xaneiro de 2014

Na programación dos Estalmat do curso 2013-14 están para o alumndo de 1º e 2º os sábados días 11 e 25 de xaneiro  no Concello de Guitiriz (Lugo).  
Este Concello, patrocinador do Estalmat, vai organizar unha actividade para os pais e nais eses sábados pola mañá mentres os nosos fillos están nas clases.  Ver a proposta do Concello para os pais.

Logo, das clases existe a posibilidade de xantar xuntos  no Restaurante La Casilla,   (enderezo Rúa da Amizade) do mesmo concello. (Ver mais)

Deixamos aquí dous correos para os que queiran apuntarse:

11 de xaneiro: AGAES 2º curso -- .

Correo electrónico (data tope 7 de xaneiro): ma-ca@mundo-r.com  (Manuel)

25 de xaneiro : AGAES 1º  curso. -- 

Correo electrónico (data tope   21 de xaneiro):   aferrer61@gmail.com  (Nito)

O xantar será o Menú do día que ten o seguinte:

- 3 Primeiros
- 3 Segundos
- Viño ou refresco
- Sobremesa  a elexir
- Café

- Precio: 12 € por persoa

NOTAOs que se apunten terán que deixar o nome do alumno/a do curso, e  a poder ser, un  teléfono para contactar e comprobar a súa asistencia uns días antes da xornada.

Ver  o listado provisional dos apuntados de 1º

Ver o listado   provisional dos de 2º

venres, 13 de decembro de 2013

Xuntanza da directiva 14-12-2013 .


Xuntanza da directiva para este sábado 14-12-2013 ás 10.30 h



1. Elección de Secretario/a temporal ata asemblea seguinte (art,21 dos Estatutos) .

2. Proposta de abrir conta bancaria na Caixa Rural  en Santiago de Compostela.
3. Proposta de deseño dun blog con enlace á paxina WEB de ESTALMAT-Galicia (Antonio Ferrer sería o responsable da realización)
4. Proposta de simbolo ou mascota a realizar polos alumnos de ESTALMAT-Galicia.
Concurso entre o alumnado con tres premios: 1º de 30€, 2º de 20 e 3º de 10€
Selección do debuxo gañador polo Comité de ESTALMAT-Galicia.
5. Informacións varias