domingo, 25 de xuño de 2017

Visita Escola de Enxeñaria de Telecomunicacións Vigo


Esta actividade está dirixida aos socios de AGAES e está prevista para o venres 30 de xuño en horario de 9:45 a 14:00 horas. O programa previsto é o seguinte:

09:45 a 10:45charla descriptiva sobre a escola con proxeción de vídeo.
10:45 a 11:15taller sobre seguridade na navegación web.
11:15 a 11:30café.
11:30 a 12:00visita laboratorios e cámara/s anecoica/s.
12:00 a 14:00talleres Appinventor y Scratch.

O foro está limitado a 20 persoas, que se seleccionarán por orde de inscrición mediante o envío dunha mensaxe a amigosdoestalmat.galicia@gmail.com. O alumnado anotado deberá estar ás portas de TELECOMUNICACIONS EN VIGO ás 9.45 h. e sairán ás 14 h. As familias que queiran, tamén poden comer no comedor de Teleco e Minas e en todo caso éstas serán as encarregadas e as responsables da viaxe tanto de IDA como de VOLTA

venres, 16 de xuño de 2017

Seleccionados ESTALMAT-Galicia 2017


Xa está dispoñible a listaxe dos estudantes que foron seleccionados para participar no Proxecto ESTALMAT-Galicia a partir do próximo curso académico.

A entrevista persoal cos candidatos e as súas familias terá lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela o sábado 17 de xuño.

En caso de producirse algunha renuncia nos 25 primeiros, os suplentes clasificados nos primeiros lugares que correspondan serán contactados polo Comité Organizador.

martes, 13 de xuño de 2017

Nomeamento Universidade de Santiago

A profesora Elena Vázquez Cendón, nova decana da Facultade de Matemáticas da USC

A profesora titular de Matemática Aplicada da USC, Elena Vázquez Cendón, vén de ser elixida decana da Facultade de Matemáticas da USC. Acompañarana no seu equipo os vindeiros catro anos as profesoras Rosana Rodríguez López como vicedecana, que asumirá a coordinación do grao en Matemáticas e os dous dobres títulos, e Beatriz Pateiro López como secretaria e responsable dos programas de mobilidade.

Elena Vázquez Cendón é a coordinadora xeral, dende xullo do 2014, do programa de Estímulo do Talento Matemático (ESTALMAT-Galicia) para nenos e nenas de 12 a 15 anos en Galicia

venres, 2 de xuño de 2017

Proba de aptitude ESTALMAT-Galicia 2017


404 aspirantes para conformar a 11ª promoción do proxecto ESTALMAT-Galicia 2017

A proba de selección celébrase este sábado na Facultade de Matemáticas.

Para celebrar os dez anos do proxecto Estalmat-Galicia, 404 estudantes de toda Galicia nacidos en 2004 e 2005 participarán este sábado nas probas de selección dos 25 estudantes da 11ª promoción do Proxecto ESTALMAT- Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas, no que é un novo récord de participación.