martes, 28 de xaneiro de 2020

domingo, 26 de xaneiro de 2020

OPEN

Lembrámosvos que mañá luns é o último día para entregar a primeira quenda de problemas do OPEN. En canto teñamos os resultados publicarémolos neste blog. Como sabedes sen a achega económica de AGAES, o OPEN para os nen@s de ESTALMAT-GALICIA non se levaría acabo. Este ano á parte dos premios que nos cheguen desde Requena imos sumar algún mais desde a asociación, así que vos animamos a que participedes. Unha vez mais( e non será a última) damos as grazas a Covadonga e a Cristina polo seu gran labor altruista no OPEN

luns, 13 de xaneiro de 2020

EMPEZA O XXXII OPEN MATEMÁTICO!!!!!!!!!!!

 
Como en anos anteriores, AGAES e ESTALMAT GALICIA poñen a disposición do alumnado de ESTALMAT-Galicia unha actividade de resolución de problemas: o XXXII OPEN MATEMÁTICO 2020, adicado nesta ocasión á CUBOS 30.
 
Esta actividade está organizada polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas e desenvólvese en seis xornadas, a última delas presencial na Facultade de Matemáticas. 

 Bases de participación
 
 
O calendario que da actividade é o seguinte:
 
Xornada
Datas 2020
Fin do prazo de entrega
Do 13 ao 27 de Xaneiro
14 h. 30 m do 27 de Xaneiro
Do 27 de Xaneiro ao 3 de Febreiro
14 h. 30 m do 3 de Febreiro
Do 3 ao 10 de Febreiro
14 h. 30 m do 10 de Febreiro
Do 10 ao 17 de Febreiro
14 h. 30 m do 17 de Febreiro
Do 17 ao 24 de febreiro
14 h. 30 m do 24 de Febreiro
27 ou 28 de Febreiro
16 h. – 20 h. – Concentración