martes, 30 de maio de 2017

E4G-2017 = Encontro Egresados e Estudantes ESTALMAT-Galicia


Dentro das actividades para celebrar os 10 cursos de ESTALMAT-Galicia, organizouse para o vindeiro 15 de xullo un encontro de egresados das 10 promocións na Facultade de Matemáticas da USC. No programa previsto, o E4G-2017 inclúe batalla matemática, xantar e xogo de rol. 

O Comité Organizador está composto por os oito egresados que se amosan na foto: Luis Antonio, Bárbara, Fernando, Alicia, Iago, Marina, Elena e Luis.

domingo, 21 de maio de 2017

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2017


ESTALMAT-Galicia constituíuse en 2007 dentro do Proxecto ESTALMAT. Dende entonces selecciona cada ano 25 nenos de toda a Comunidade Autónoma de Galicia con aptitudes ou talento especial para as Matemáticas, mediante unha proba obxectiva que se celebra na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a finales de cada curso académico. Esta proba está aberta a todo rapaz de 12 e 13 anos que desexe presentarse e consiste na resolución dunha colección de problemas matemáticos.

A convocatoria de este ano de Estalmat está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2004 ou 2005 e terá lugar o sábado 3 de xuño.

A inscrición está aberta ata o 26 de maio.
[Máis información]

XVII Rebumbio Matemático


A Fase Final do XVII Rebumbio Matemático, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), celebrouse o venres, 19 de maio, cun día de convivencia cos 45 estudantes dos 15 equipos clasificados nas distintas zonas.

Os tres primeiros premios foron para os equipos seguintes:

Premio Equipo Centro
Regla de TresCEIP A Ponte, Ourense
CalculatorsCPR San José de Cluny, Santiago
Ao CadradoCPR Plurilingüe PP. Franciscanos, Lugo

[Máis información]

Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO


O 18 de maio celebrouse no Círculo das Artes de Lugo a fase final da Olimpíada Matemática Galega para estudantes de 2º da ESO, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). Xa se coñecen os nomes dos dous rapaces e unha rapaza que representarán a Galicia na fase final que terá lugar en Valladolid do 21 ao 25 de xuño.
[Máis información]

luns, 8 de maio de 2017

9ª Promoción ESTALMAT-Galicia


A novena promoción do proxecto ESTALMAT-Galicia para ESTímulo do TALento MATemático celebrou este sábado en Matemáticas o seu acto de despedida. A sesión presidiuna o reitor da USC e presidente de ESTALMAT-Galicia, Juan Viaño, e contou coa presenza do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira; da secretaria xeral da Igualdade, Susana López; do alcalde de Ortigueira e deputado provincial da Coruña, Juan Penabad; da coordinadora xeral do Proxecto ESTALMAT-Galicia, Elena Vázquez-Cendón, e de membros do equipo docente.
[Ler noticia]

venres, 5 de maio de 2017

XXII Día da Ciencia na Rúa - A Coruña


A XXII edición do Día da Ciencia na Rúa, que organiza a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses, terá lugar este sábado, 6 de maio no Parque de Santa Margarita, na Coruña, de 11:00 a 19:00 horas.

Centos de estudantes e profesores de 36 centros educativos, así como membros de numerosas entidades encherán con actividades as jaimas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias.

Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia na Rúa cunha xornada de Entrada Gratuíta desde as 11:00 da mañá.
[Máis información]