sábado, 27 de setembro de 2014

1ª Asemblea AGAES do curso 2014-15



Primeira asemblea do curso 2014-15. 

 As principais novidades:

 - Acordouse modificar nunha nova asemblea algún dos estatutos da asociación para poder captar máis posibles socios.
 - Valoración da actividade feita ó final do curso en Sevilla co Estalmat desa provincia e con outra Asociación similar de San Petersburgo (Rusia) 
- Integración de dúas nais de 1º na directiva da asociación. 
- Invitación ós novos asociados de participar no mantemento do blog da asociación.

sábado, 20 de setembro de 2014

Taller Teórico-Práctico de Astronomía


Data de comezo.

Co comezo dun novo curso ESTALMAT Galicia a Asociación Galega de Amigos de Estalmat-Galicia (AGAES) e O Observatorio Astronómico Ramón María Aller  organizan o Curso de Iniciación (Telescopios, reloxos de sol, bólidos e meteoritos) para alumn@s e exalumn@s de Estalmat-Galicia.
Lugar: Observatorio Astronómico Ramón Ma Aller (Campus Universitario) de Santiago de Compostela. 
Sesións teóricas - Total: 6 Sesións.  4 teóricas (obradoiros) e 2 prácticas ( de observación) mediante telescopios e a simple vista. 
Material didáctico: Planisferios, unidade didáctica. 

 Preinscrición: Ata o 30 de setembro, por correo electrónico á: amigosdoestalmat.galicia@gmail.com, incluíndo os seguintes datos: Nome e D.I. do pai ou nai; nome, apelidos, idade, e D.I do alumn@
Inscrición: Ata 4 de outubro

Temática do curso:    Os telescopios, reloxos de sol e bólidos serían obradoiros.
É un curso de iniciación á Astronomía con sesión de observación e obradoiros. No cursiño falarase dos obxectos que podemos observar no ceo: a Lúa, os planetas, estrelas, nebulosas, cúmulos, galaxias, ademais do Sol. Farase fincapé na localización de constelacións a simple vista coa axuda do planisferio. En obradoiros temáticos, explicaráse como se monta un telescopio e como se lle pode sacar o máximo rendimento. Unha sesión de observación cos telescopios do Observatorio Astronómico Ramón María  Aller, completará este contacto coa Astronomía de rapaces e rapazas de dos pais e nais.
Desde séculos a Astronomía ten unha estreita relación coas Matemáticas, e hoxendía aínda máis se cabe na súa rama de Astrodinámica, pero tamén en Astrofísica e incluso en Astrobioloxía.
Esta é unha actividade moi interesante para os amantes das Matemáticas.

Apuntate!

INAUGURACIÓN E CAMPAMENTO MATEMÁTICO ESTALMAT-GALICIA 2014.


Programa de Actividades ESTALMAT Galicia 2014-15


Calendario matemático - Setembro

Ver todo o calendario