sábado, 30 de xaneiro de 2016

Xantar de despedida da 7ª promoción do ESTALMAT GALICIA (2013-15)

O sábado día 13 de  febreiro rematarán  o curso os de 3º ESTALMAT Galicia ( 7ª Promoción , 2013-15). Con este  motivo  un grupo de pais e nais estamos  organizando unha comida de despida ese mesmo día.  
Os interesados poden enviar a confirmación  co múmero de asistentes ó correo da asociación amigosdoestalmat.galicia@gmail.com Pódese poñer como asunto no correo  "Comida ou Xantar despedida da 7ª promoción"

O Prazo de anotación rematará o vindeiro  30 de xaneiro de 2016. 

Lugar: No comedor universitario Monte da Condesa, preto da Facultade de Matemáticas (5`andando).  Hai tamén un bo aparcadoiro na Facultade de Óptica. O custo:  5,60 €  por persoa (1º e 2º prato máis auga e postre, todo a elixir entre varias opcións).  As outras bebidas e o café hai que pagalas aparte.

Por suposto, a convocatoria queda aberta para  todos os estalmateiros e ex-estalmaterios, incluíndo o profesorado e demais persoal relacionado con ESTALMAT  GALICIA.

APUNTADOS DE MOMENTO: 
Familia Mario Sánchez - 5
Familia Leo Cendán        - 3
Familia Santiago Vázquez - 4
Familia Lucía Ferrer          - 3
Familia  Halima ...........  - 5
Familia de  Félix Pazo Vila -3
Fam. de Franc. Albertuz Ribas - 4
Familia    ¿? ---------------------   3
Familia Rocamonde     - 3 *
Presidente AGAES   .......        - 1
P. Covadonga  e Elena ................-  2

Total: 36


Artigo relacionado: http://sociosagaes.blogspot.com.es/2016/02/despedida-da-7-promocion-do-estalmata.html

O ritmo do Tangai 2016 | Comparsa “Los Chatarra”

xoves, 7 de xaneiro de 2016

XXVIII OPEN Matemático

Comeza un ano máis o concurso matématico denominado OPEN Matemático. Se te animas a participar podes ver as Bases do Concurso.
En todas as xornadas serán plantexados tres problemas agás na primeira e última que serán catro.  O concurso, este ano, ten como lema  ACROBACIA E MATEMÁTICAS , e está  organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.

As instruccións para participar baixo as siglas de ESTALMAT-Galicia son:
 1.- Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén serve unha fotografía pero debe ter a resolución adecuada para que se poda  ler sen dificultade.
 2.- Envialos por correo electrónico no  prazo previsto (para a primeira xornada remata ás 14:30 horas do 18 de xaneiro) ás direccións das profesoras encargadas, Alicia e Covadonga: pedreira.mengotti.alicia@gmail.com , covadongares@gmail.com