martes, 30 de xullo de 2019

España alcanza a súa mellor posición na Olimpiada Matemática desde 1991

 Seguimos sen estar na élite na Olimpiada de Matemáticas pero os esforzos dan resultados. O equipo español volveu de Bath con cinco bronces, o que lle sitúa na 42 posición, unha mellora considerable respecto ao ano pasado, cando o noso país alcanzou a 54. E iso supón alcanzar a mellor posición na competición desde o ano 1991. Oxalá sigamos progresando así, como se merece un equipo alentado polo esforzo de todos os apaixonados desta competición e, en moitos casos, pola dedicación dos profesores de Estalmat, o programa de detección do talento matemático.

luns, 15 de xullo de 2019

O Observatorio Astronómico da USC iniciará a vindeira semana o proxecto de divulgación ‘O camiño das estrelas. As estrelas do camiño’

O proxecto comezará o martes cunha sesión de observación da eclipse parcial de Lúa dende o Pico Sacro
 
 
As actividades deste programa de divulgación estenderanse ata finais de outubro, e de momento xa están inscritos os concellos de Allariz, Barbadás, Boqueixón, O Grove, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Ordes, Padrón, Portomarín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, e Vedra, algún deles con varias sesións. Ao logo do verán e outono, o profesor Docobo estima que se producirán novas incorporacións.

xoves, 11 de xullo de 2019

Así será a primeira aparición da Torre de Hércules nun videoxogo


La Torre de Hércules, en The Waylanders

A empresa coruñesa Gato Studio presenta estes días en Mundos Dixitais Waylanders, un xogo sobre a Galicia antiga
 
 Nesta aventura de rol encarnaremos a un grupo de guerreiros que terá que protexer o Camiño de Santiago en ambas as épocas. Teremos que explorar a Galicia antiga, que recibirá o nome de Brigantium. Para este videoxogo recreáronse, ademais da propia Torre, lugares como a Catedral de Santiago, as illas Ons ou Fisterra.

O museo de matemáticas abre as súas portas rendendo tributo a mulleres científicas aragonesas

María Teresa Lozano Imízcoz
 
O museo dedicado ás matemáticas é a primeira infraestrutura deste tipo en Aragón e a segunda en España. No resto de Europa hai tan só cinco homólogos: o Museo de Matemáticas de Cataluña (Cornellá) e os situados en Quaregnon (Bélxica), Beaumont-de- Lomagne (Francia), Giessen (Alemaña) e Florencia (Italia), pero Casbas conta coa peculiaridade de estar situado nun recinto declarado en 2004 como Ben de Interese Cultural.
 

xoves, 4 de xullo de 2019

Carmen Pomar subliña a “importancia estratéxica” de promocionar as vocacións científicas e STEM nas aulas desde idades temperás


   
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou hoxe a 19 edición das Xornadas para a aprendizaxe e o ensino das matemáticas (JAEM), que congrega na Coruña uns 500 docentes de todas as etapas para debater sobre cuestións educativas relacionadas con este ámbito.

19º Edición das JAEM (Xornadas sobre a Aprendizaxe e o Ensino das Matemáticas

  
palexco.com
Durante séculos millóns de peregrinos viaxaron cara ao oeste seguindo un dos camiños culturais máis importantes do mundo: o camiño de Santiago. Nos últimos anos a tradición cambiou e os peregrinos continúan o seu camiño máis aló do seu destino inicial, cara ao Atlántico, co que se atopan no “fin da terra”, en Finisterre. As JAEM, emulando a senda dos peregrinos, continúan viaxando cara ao oeste, camiño do Atlántico: Mallorca – Cartaxena – Madrid – A Coruña.