luns, 17 de febreiro de 2014

II CONCURSO DE ESOPÍAS

logo_esopiaA Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o II Concurso de Esopías que se rexerá polas seguintes bases que se poden ver en   "mateblog"  .
ESOPÍA: Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. Número PI: 3'1415926535 8979323846 264 Aínda que podemos encontrar o núnmero PI con 16000 decimais, nete concurso pídese un total de 24 palabras (o número enteiro con 23 decimais).

domingo, 16 de febreiro de 2014

A Astronomía en Educa Barrié

Na páxina dos Recursos Didácticos (Proxectos)  de Educa Barrié temos varias Guías Didácticas , unha delas é esta de "Astronomía de Posición", onde se pode descargar en PDF con información e actividades.  Existen moitas máis que se poden buscar por materias:
Outras relacionadas coa Astronomía son:
  -Terra Paralela         - Camiños do ceo        -Contos de Estrelas       - Buscando o Norte      - Astrónomos Esquecidos"         - Encima do horizonte    - Ramón María Aller   ...

venres, 14 de febreiro de 2014

Curso iniciación ó manexo dun blog

O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 10:30 h na cafetería da Facultade de Matemáticas temos previsto dar unhas nocións básicas de iniciación ó manexo dun blog.  Segundo o número de interesados buscaremos o lugar axeitado. Se fosen poucos faríamolo na mesma cafetería, co permiso da mesma, e se fósemos moitos teríamos que, para outra sesión, buscar  outro lugar máis axeitado , como por exemplo un aula que alguén se preste a deixárnola.

Explícoche matemáticas


Explícoche Matemáticas 2.0’ é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia que promove a Facultade de Matemáticas da USC e a súa Comisión de Normalización Lingüística. O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. Os equipos gañadores recibirán un tablet bq Edison 2, que recibirán nun acto público no mes de maio, co gallo do Día das Letras Galegas

Ler máis

martes, 11 de febreiro de 2014

2ª Sesión coas Familias Estalmat 1º e 2º

O sábado 22 de febreiro ás 10:30h, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas, terá lugar a 2ª sesión coas familias do alumnado de 1º e 2º de ESTALMAT-GALICIA. Seguindo as suxestións recibidas na anterior reunión, haberá una charla a cargo de Ana Sanjuán Núñez co título: “Educar con Inteligencia Emocional. Cómo ayudar a nuestros hijos a desarrollar su inteligencia emocional”.

sábado, 1 de febreiro de 2014

Patoloxías Oculares e Difracción da Luz


Clicando na primeira imaxe verás dististintas patoloxías oculares e poderás facer un test para comprobar se pode haber unha posible enfirmidade ocular denominada "Dexeneración Macular Húmeda"
E si queres saber o que un patrón de difracción e ver algúns comportamentos da luz podes clicar na outra imaxe. Atoparás tamén algúns experimentos que para poder entender mellor este concepto da difracción da luz.

Problemas, solucións e resultados da 2ª Xornada do XXVI Open Matemático



Clica nas imaxes para ver os Problemas, as Solucións e todos os Resultados, tanto o Xeral como o de Beleza da 2ª Xornada do XXVI Open Matemático.

Ver problemas, resultados e clasificación da 1ª Xornada