A pesar de que tivemos unha poalleira continua, este sábado 25 de xaneiro do 2014, pasamos unha bonita xornada do Estalmat Galicia en Guitiriz. Ó igual que os de segundo, fixemos máis ou menos o mesmo percorrido durante toda a mañá. Comezamos coa charla de presentación na Casa Habanera, logo fixemos a visita á igrexa máis grande do Concello (Sagrado Corazón de María) , ó reloxo analemático. Faltóunos ver a mezquita de Franco. Tomamos a parva coa torta ou bica de Guitiriz. Algúns quedamos a xantar no restaurante "La Casilla" e rematamos cun café no Balneario. Ver fotos
Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
Amosando publicacións coa etiqueta Guitiriz b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guitiriz b>. Amosar todas as publicacións
luns, 27 de xaneiro de 2014
domingo, 26 de xaneiro de 2014
Penélope
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Este foi outro dos poemas que fotografiamos na Casa Habanera nas Xornadas Estalmat Galicia deste curso 2013-14 do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas 2014, Xose María Díaz Castro
Esmeralda
Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ Por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!
Foi un dos poemas que vimos do poeta nado no Concello de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro. E que este ano 2014 é o homenaxeado no Día das Letras Galegas.
A lenda da Torta de Guitiriz
Unha das cousas que fai tamén curiosa a Torta de Guitiriz, e a da súa orixe, pois ten unha lenda particular:
No lugar de O Boedo había unha cidade pola que pasou a Sagrada Familia en busca de acubillo. Chamaron ás portas de varias casas porque chovía incesantemente, pero ningunha llo quixo dar. Incluso un zapateiro arroxoulle unha forma a Xesús. Chamaron entón á porta dunha muller que tiña varios fillos. Todos eles estaban a chorar da fame que tiñan. A muller díxolles que só podía aloxalos pero non darlles de comer. Entón a Virxe díxolle á muller que collese cinzas do fogar e que amasase unha torta con elas. Ao principio, a muller foi reticente, e dicía que non se podería amasar nada cunhas simples cinzas, porque a masa non ligaría. Pero ante a insistencia da Virxe, a muller accedeu a amasar e cociñou unha torta coa que alimentou a todos os presentes. Ante a incredulidade da muller, a Virxe dixo que era tan seguro que aquela torta estaba feita de fariña de millo como que o lugar de O Boedo desaparecería baixo as augas aquela mesma noite por non darlles acubillo. E así foi, á mañá seguinte todo o pobo desaparecera baixo as augas, ben, todo o pobo non, só quedou a salvo a casa daquela humilde familia. Dise que dende entón se escoitan campás e un ruido que foi esconxurado por un cura; pero aínda hai un sitio ó que lle chaman o "Pozo da Campá".
Receita da "Torta ou bica de Guitiriz"
Nas Xornadas Estalmat de Guitiriz deste curso 2013-14 (1º e 2º) aconselláronnos probar esta sobremesa especial "A torta de Guitiriz". A verdade é que, algúns, levamos unha sorpresa cando a vimos por primeira vez na panadería, pois non contabamos que tivera a forma típica do bizcoito. Semellaba non ter nada especial.
De todos xeitos mercámola para probala e levar unha para ás nosas casas e probala con toda a familia. Nas cafeterías de Guitiriz xa un a pode probar pedindo un café. Sabe a pouco o trozo que lle dan a un, pero xa un comeza a ver algo diferente nesta sobremesa. O millo e a manteiga de vaca fana especial. A textura é moi boa, como podedes ver nalgunha destas fotos.
Logo buscando información da receita atopamos algunhas variantes, aquí un xa ten que investigar, nós imos poñer a que leva 8 ovos, que semella ser a clásica, outros prefiren 6 para que lle caiba comodamente no molde no molde. A outros chéganlle 3 (ó final do artigo). Tamén hai que lle bota máis de fariña de millo que triga, outros igualan a cantidade, e outros bótanlle máis de trigo. Outra curiosidade é a de non botarlle lévedo (fermento), aínda que si hai quen llela bota. Xa sabemos que nesto da cociña a variedade está na orde do día. Imos xa coa receita desta riquísima sobremesa:
- 6/8 ovos.
- 250 grs de manteiga de vaca cocida.
- 150 grs de azucre.
- 200 grs de fariña de millo
- 100 grs de fariña de trigo.
- Un vaso de leite
- Un vaso de leite
- Reladura dun limón.
- Azucre glas.
A festa da Torta de Guitiriz xunto coa da Orella celébrase o 6 e 7 de xuño.
Para rematar coas curiosidades, dicir que esta "delicate" ten unha historia na súa orixe, "A lenda da Torta de Guitiriz"
PREPARACIÓN: Nun recipiente mestúranse todos os ingredentes con leite . Remóvese ben a pasta resultante e ponse nun molde previamente engrasado. Se usamos levadura (10 gramos) engádeselle ó final de mesturar todo.
Finalmente métese no forno e déixase cocer e dourar durante 45 minutos a unha temperatura moderada-alta, co fin de que salga jugosa por dentro.
A festa da Torta de Guitiriz xunto coa da Orella celébrase o 6 e 7 de xuño.
Para rematar coas curiosidades, dicir que esta "delicate" ten unha historia na súa orixe, "A lenda da Torta de Guitiriz"
xoves, 23 de xaneiro de 2014
Comida en Guitiriz para os de 1º - Lista de apuntados
Apuntados provisionalmente para o xantar do sábado 25 de xaneiro ( 1º Curso).
Os que queiran apuntarse, enviar aviso a aferrer61@gmail.com (Nito).
- María S. - 4
- Elena Q. R. - 2
- Antonio (Nito)- 2
- Silvia García - 4
- Sánchez Abelenda - 2
TOTAL: 14
NOTA. Os que se apunten terán que deixar o nome do alumno/a do curso, e a poder ser, un teléfono para contactar e comprobar a súa asistencia uns días antes da xornada.
Os que queiran apuntarse, enviar aviso a aferrer61@gmail.com (Nito).
- María S. - 4
- Elena Q. R. - 2
- Antonio (Nito)- 2
- Silvia García - 4
- Sánchez Abelenda - 2
TOTAL: 14
NOTA. Os que se apunten terán que deixar o nome do alumno/a do curso, e a poder ser, un teléfono para contactar e comprobar a súa asistencia uns días antes da xornada.
domingo, 12 de xaneiro de 2014
Xornada Estalmat-2º Galicia por Guitiriz
Este sábado pasado, 11 de xaneiro, os de 2º de Estalmat Galicia, fixeron a sesión programada no Concello de Guitiriz. Ós de 1º tócalles o vindeiro sábado 25 de xaneiro.
O grupo que se animou a participar nas actividades organizadas enviaron algunhas fotos do que podemos ver alí co/a ou sen guía do Concello.
Entre outras cousas destacamos como curiosidades: O reloxo analemático e a Mezquita da Guerra Civil de Franco para os musulmáns.
Recordamos que aínda podemos apuntarnos (os de 1º) para a visita e para o xantar do día 25 de xaneiro
Ver o menú.
Ver o menú.
A mezquita de Franco en Guitiriz durante a Guerra Civil
En Guitiriz unha das sorpresas que podemos atopar é a dun templo árabe para a oración, unha mezquita (a que vedes na imaxe).
Nunha placa explica a súa razón de estar ali :
“El balneario se habilitó como hospital militar durante la Guerra Civil Española (1936-1939). La mezquita se construyó entonces para los combatientes musulmanes que participaron en la contienda.”
Artigo relacionado: Reloxo analemático de Guitiriz
Artigo relacionado: Reloxo analemático de Guitiriz
O reloxo analemático de Guitiriz
Un reloxo analemático represéntase sempre nunha superficie horizontal. As horas colócanse sobre unha elipse e sobre un analema (figura en forma de oito) que representa as datas do ano. Non hai gnomón. A sombra proporciónaa a propia persoa situándose sobre o analema no punto que corresponda segundo a época do ano. Esta hora que nos dá ó colocarnos no analema non coincide coa do noso reloxo de pulseira por dous motivos:
1º - Polo adianto de unha ou dúas horas da hora legal, isto é algo que non afecta ó recorrido aparente do sol.
2º- Cando o sol está no máis alto en Greenwich (Londres) faltan aínda 32 minutos para que cruce o meridiano de Guitiriz. Un sinxelo cálculo proporciónanos este dato: 360º dividido por 24 horas equivale a 15º /hora. Polo tanto os case 8º equivalen a 32 minutos. Isto quere dicir que hai que correxir 1h 32 minutos máis no inverno e 2h 32 min máis no verán.
Ler máis sobre reloxos de Sol
Artigo relacionado: Mezquita de Guitiriz
Ler máis sobre reloxos de Sol
Artigo relacionado: Mezquita de Guitiriz
xoves, 9 de xaneiro de 2014
luns, 16 de decembro de 2013
Comida en Guitiriz cos alumnos ESTALMAT (1º e 2º) os sábados 11 e 25 de xaneiro de 2014
Na programación dos Estalmat do curso 2013-14 están para o alumndo de 1º e 2º os sábados días 11 e 25 de xaneiro no Concello de Guitiriz (Lugo).
Este Concello, patrocinador do Estalmat, vai organizar unha actividade para os pais e nais eses sábados pola mañá mentres os nosos fillos están nas clases. Ver a proposta do Concello para os pais.
Logo, das clases existe a posibilidade de xantar xuntos no Restaurante La Casilla, (enderezo Rúa da Amizade) do mesmo concello. (Ver mais)
Deixamos aquí dous correos para os que queiran apuntarse:
11 de xaneiro: AGAES 2º curso -- .
Correo electrónico (data tope 7 de xaneiro): ma-ca@mundo-r.com (Manuel)
25 de xaneiro : AGAES 1º curso. --
Correo electrónico (data tope 21 de xaneiro): aferrer61@gmail.com (Nito)
O xantar será o Menú do día que ten o seguinte:
- 3 Primeiros
- 3 Segundos
- Viño ou refresco
- Sobremesa a elexir
- Café
- Precio: 12 € por persoa
NOTA. Os que se apunten terán que deixar o nome do alumno/a do curso, e a poder ser, un teléfono para contactar e comprobar a súa asistencia uns días antes da xornada.
Ver o listado provisional dos apuntados de 1º
Ver o listado provisional dos de 2º
NOTA. Os que se apunten terán que deixar o nome do alumno/a do curso, e a poder ser, un teléfono para contactar e comprobar a súa asistencia uns días antes da xornada.
Ver o listado provisional dos apuntados de 1º
Ver o listado provisional dos de 2º
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






