venres, 20 de abril de 2018

Sei ata a táboa do 6!



A MANDALA

CHEGOU a primaveira ás Matemáticas, temos unha boa Sementeira! Onde están os novos brotes? Na implicación de docentes como Elena Vázquez Abal, que convida á Facultade de Matemáticas a estudantes de Ensino Medio ou que se despraza a Lugo enchendo o Vello Cárcere, falando das Matemáticas como o sexto sentido.
Chegou a primaveira ao libro de honra da Facultade de Matemáticas que contén unha nova achega. É a primeira dun exalumno, que veu de visita grazas ao convite do Seminario de Análise Matemática, o ourensán Óscar Domínguez Bonilla, un dos xóvenes investigadores recoñecidos co Premio Vicent Caselles outorgado pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Fundación BBVA no ano 2017.
Chegou tamén a primaveira ao celebrarse a Feira Matemática brillantemente organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración co Concello da Coruña e da Universidade da Coruña. Si vostedes asistiron e viron a cantidade de nenas e nenos, coas súas familias, contando e compartindo Matemáticas, coincidirán que hai brotes novos nesta disciplina que nos conforma a moitas persoas. Participar nos retos e acadar as solucións recoñecíase en "agapemos", o billete da asociación Agapema, que está revalorizado coa imaxen do benquerido Coque, sempre presente.
http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/elena-vazquez-cendon-sei-ata-taboa-do-6/idEdicion-2018-04-20/idNoticia-1111088/

Nace Sementeira, o Club Olímpico de Mates da USC


A Facultade compostelá de Matemáticas e mais a Asociación Eduardo García-Rodeja acordaron poñer en marcha o Club Olímpico de Mates – USC, que nace co nome de Sementeira como expresión da súa vontade de propagar o gusto pola resolución de problemas.

https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_04/noticia_0100.html

luns, 2 de abril de 2018

SER CIENTÍFICO


CIENCIA y yo quiero ser científico!!!
Un libro de divulgación que te animará e axudará a decidir que caste de científico queres ser.
Ademais de científicos doutras materias, nesta publicación colabora profesorado da Faculdade de Matemáticas da USC, como  Elena Vázquez Cendón, Fernando Alcalde Cuesta o Enrique Macías Virgós entre outros...

http://cienciayyoquierosercientifico.blogspot.com.es/