luns, 26 de marzo de 2018

Grupo de formación Specialisterne en Galicia

Specialisterne ofrece a posibilidade de facer un grupo en Galicia, haberá que  contar con un mínimo de 10 alumnos.


domingo, 18 de marzo de 2018

VI Campus de Verán XuvenCiencia 2018

Volve o Campus XuvenCiencia, o campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo!

Cando e onde ten lugar? Do 1 ao 7 de xullo no Campus Terra de Lugo.

Quen pode participar? O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).

Temos un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).

Preinscrición: O formulario de preinscrición ábrese desde o venres 27 de abril ás 15:30h.

http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/gl 

xoves, 15 de marzo de 2018

Explícoche matemáticas 2.0


 Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa sétima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

luns, 12 de marzo de 2018

"Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".


 







O día 10 de marzo celebramos o primeiro encontro coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, que respondía a unha crecente demanda por parte de socios e socias da Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT-Galicia (AGAES), co título: "Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".

A presidenta e a vicepresidenta de ASAC proxectáronnos un interesante e reivindicativo video da súa asociación, dando lugar de inmediato a algunhas intervencións por parte dos asistentes ao acto, nais e pais do alumnado de ESTALMAT-Galicia e socios/as de AGAES, así como da decana da Facultade e da coordinadora coas Familias de ESTALMAT-Galicia presentes no acto.

As distintas intervencións puxeron de manifesto as diferenzas entre os dous proxectos: por unha banda a Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC e por outra ESTALMAT-Galicia (estímulo do talento matemático).

A Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC colabora coa Asociación de Altas Capacidades, cuxo obxectivo é fornecer un lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual, mentres ESTALMAT-Galicia colabora con AGAES cos obxectivos de detectar e tratar o talento matemático precoz.

Conscientes destas diferenzas, deixamos a porta aberta a futuras colaboracións entre as distintas asociacións para chegarmos a unha formación complementaria para familias e alumnado.

Agradecementos:

Á decana da Facultade de Matemáticas pola súa presenza e disponibilidade do Centro.
Ás nosas convidadas: presidenta e vicepresidenta de ASAC.
Á Coordinadora coas familias de ESTALMAT-Galicia.


Saúdos
A directiva de AGAES

xoves, 8 de marzo de 2018

International camp FdI-2018




International camp FdI-2018


14–18 years old students from all over the world are invited to take part in the 7th international session of the Multi-disciplinary summer camp «Formula of Unity».
Dates: July 16–30, 2018.
Place: recreation site «Manor of the lake Sirkojarvi» in 40 km to the north of St. Petersburg (near Garbolovo).
Transfer: traditionally, we meet each team at the airport and accompany the participants to the camp. It is important that you arrive to St. Petersburg on July 16 not later than at 16:00 and leave the camp on July 30 (not earlier).
Living conditions: lodging in rooms for 2 persons each, facilities on the floors, 6 meals per day, individual food requirements can be met.
Infrastructure: green territory, forest, sport facilities, meeting hall, own beach at the lake.

http://thales.cica.es/estalmat/?q=node/196 

martes, 6 de marzo de 2018

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

A USC, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, súmase á conmemoración desta data con dúas actividades para visibilizar o traballo das científicas e rescatar do esquecemento ás pioneiras que pasaron pola nosa universidade.

http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0071.html 

domingo, 4 de marzo de 2018

"Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia"


Atendendo á petición  de AGAES, dentro da programación ESTALMAT-Galicia, o sábado 10 de marzo ás 11h.  celebrarase a segunda sesión coas familias do curso 2017-18, baixo o título "Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".
Contaremos neste acto coa presenza da presidenta e secretaria de ASAC, Mar Uzal e Katia Sánchez, respectivamente.