xoves, 22 de decembro de 2016

VII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos


A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración coa Fundación Barrié, convoca o VII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, FP BÁSICA, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

martes, 20 de decembro de 2016

XXIX Open Matemático


Un ano máis o Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas organiza o Torneo Abierto de Resolutores de Problemas, conocido como Open Matemático que, este ano, ten como lema Criptografía e Matemáticas

O torneo vai dirixido, primordialmente, aos alumnos de Enseñanza Secundaria: ESO, Módulos Profesionais de Grao Medio e Bacharelatos, pero está aberto a outros participantes como se recolle nas Bases.

A competición está organizada nun total de 6 xornadas, nas que se lles propondrá aos participantes a resolución dunha serie de problemas. Para as primeiras 5 xornadas establécese un prazo para que os participantes resolvan os problemas na súa casa e fíxase unha data límite para a súa entrega. A última xornada, a 6ª, será presencial.

Na conserxería de cada centro disporase dunha urna para a entrega dos problemas. Os estudantes que participen no programa ESTALMAT-Galicia, poderán entregar os problemas a través do correo electrónico dirixido ás coordinadoras Alicia e Covadonga. Na primeira xornada indicarase cal será este procedemento.

O calendario das xornadas é o seguinte:

Xornada Datas 2017 Fin prazo entrega
9 a 23 xaneiro 14:30h do 23 xaneiro
23 a 30 xaneiro 14:30h do 30 xaneiro
30 xaneiro a 6 febreiro 14:30h do 6 febreiro
6 a 13 febreiro 14:30h do 13 febreiro
13 a 20 febreiro 14:30h do 20 febreiro
23 ou 24 febreiro 16h-20h concentración

xoves, 15 de decembro de 2016

I Xornada Científica UDCiencia-Sénior

Centro de Intervención Cultural NORMAL

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural - Cátedra Isabel Zendal organiza o próximo 22 de decembro a I Xornada Científica UDC-Sénior no Centro de Intervención Cultural NORMAL, desde as 11.30 h até as 19.30 h.

Este evento conta coa participación de profesores da UDC e a colaboración da asociación de estudantes udcbigbang.

Durante a Xornada realizaranse talleres científicos de diversas temáticas e terá lugar unha exposición de paneis e fotografía científicos.

UDCiencia na Domus (A Coruña)

Feira Científica

O 17 de decembro de 2016 terá lugar a Feira científica UDCiencia na Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña), organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC - Cátedra Isabel Zendal, e financiada polo Concello da Coruña.

A Feira consistirá nunha serie de talleres interactivos sobre diferentes temáticas, adaptables a todas as idades.

Colabora no evento a asociación udcbigbang.

O evento estará aberto mañá e tarde de 11:00 h a 19:30 h.

sábado, 10 de decembro de 2016

venres, 2 de decembro de 2016

LIII Olimpiada Matemática Española


A Real Sociedad Matemática Española (RSME) ven de convocar, para o curso 2016/2017, a LIII Olimpiada Matemática Española (OME).

As Olimpíadas Matemáticas son concursos entre xóvenes estudantes, cuxo obxectivo primordial é o estímulo do estudo das matemáticas e o desenvolvemento de xóvenes talentos nesta ciencia. A competición en si componse de tres fases cun nivel de dificultade crecente, que son: fase de distrito, fase nacional e fase internacional.

A Olimpíada Matemática Galega (OMG) constitúe a fase de distrito galego da OME. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, vanse celebrar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela entre os días 13 e 14 de enero de 2017. Destas probas serán seleccionados ata 3 estudantes para representar a Galicia na fase nacional.

Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes así como integrantes do proxecto ESTALMAT-Galicia.

Imos informar aquí do momento en que os estudantes poidan inscribirse na OMG.

martes, 29 de novembro de 2016

IV Concurso de Postais de Nadal


A Fundación USC Deportiva ven de convocar o IV Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva para nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2013 (ambos incluidos). A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte e valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada. O premio consitirá nunha praza no Verán CampUSC 2017 e nun vale para canxear por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación USC Deportiva.

O prazo para entregar os traballos orixinais remata o 9 de decembro.


Para máis información, visita a web da Fundación USC Deportiva

mércores, 9 de novembro de 2016

AdmirAcción

Elena Vázquez Cendón
SI, hoxe a palabra é nova. A fonte de inspiración é a asociación galega de DivulgaAcción, da que formo parte. O sábado 29 compartimos na xornada anual coñocementos, experimentos e estrelas, saboreando pílulas que conteñen o efecto secundario de querer saber e compartir máis. Practicamos DivulgAcción.
[Leer mais]

luns, 7 de novembro de 2016

Semana de la Ciencia ETSI Minas - Vigo 2016

Las actividades a desarrollar en la ETSI de Minas durante la Semana de la Ciencia 2016 están dirigidas fundamentalmente a estudiantes de bachillerato, con unos contenidos relacionados de forma directa con sus instalaciones y su investigación (asociada en esencia con la energía, los nuevos materiales y el medio ambiente).

Del 21 al 25 de Noviembre del 2016 (Año Internacional del Entendimiento Global)  se montará una visita guiada gratuita por las nuevas dependencias de la ETSI de Minas en la cual se dispondrán pequeños espacios de aprendizaje/divulgación lúdicos e informales en una clonación-replicación de lo que es el modelo convencional de un museo interactivo o museo científico pero en este caso en un contexto de aprendizaje formal y atendido por alumnos/as-guías de la propia ETSI de Minas.

Semana da Ciencia CSIC 2016


O CSIC súmase tamén às actividades divulgativas dentro da semana da ciencia. No Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia, en Santiago de Compostela, terán lugar actividades dentro do programa Biodiversión.

Semana da Ciencia Vigo e Forcarei 2016


Nos seguintes enlaces podedes atopar información relacionada coas actividades divulgativas que a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) está a desenvolver con motivo da semana da ciencia no Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF) e en Vigo.

Semana da Ciencia Coruña 2016


Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 7 ao domingo 13 de novembro, sete días de portas abertas con motivo dá Semana Internacional da Ciencia. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa dás Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, ofrecendo á cidadanía a ocasión de visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia coruñeses.

O acto central da semana será o sábado 12 de novembro, no que se celebrarán os actos de entrega dos Prismas á Divulgación, e que se iniciarán o venres 11 cunha mesa redonda na que se falará sobre a comunicación da actualidade astronómica, con motivo do Prisma Especial do Xurado, que este ano foi para a revista Astronomía.

TODOCOSMOS


O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza o programa de divulgación astronómica TODOCOSMOS que acaba de dar comezo.

Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

domingo, 6 de novembro de 2016

Matemáticas para todos

 Páxina web onde se poden descargar libros de Matemáticas en PDF. Por suposto non son libros de texto, pero si son moi interesantes para quen lle guste a temática e queira sacar moitos problemas e curiosidades.

sábado, 5 de novembro de 2016

Comeza o obradoiro de robótica


Comezamos o obradoiro de Robótica e Internet das cousas para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos, organizados pola Asociación de Amigos de ESTALMAT Galicia. A proposta consiste en que os participantes no Proxecto para o Estímulo do Talento Matemático, que se desprazan a Santiago de Compostela para asistir a actividades de formación na Facultade de Matemáticas da USC, os sábados pola mañá, poidan asistir, ademais, a este obradoiro de dúas sesións cada grupo, durante algunhas das tardes.

xoves, 27 de outubro de 2016

Obradoiro Robótica e Internet das Cousas

Temos xa a lista de rapaces e rapazas anotados ao obradoiro. Fixéronse dous grupos: un cos alumnos de primeiro e outro cos de segundo e terceiro.

Grupo 1: sábados 5 e 12 de novembro, de 16:00 a 19:30h

  1. Ares García, Brais
  2. Ares García, Irene
  3. Dell Blanco, Fátima
  4. Figueroa Martínez, Antón
  5. Magdalena Sánchez, Valentín
  6. Rodríguez Rodríguez, Brais
  7. Souto Pazó, Daniel
  8. Valle González, José
  9. Villanueva Torres, Mario

Grupo 2: sábados 19 e 26 de novembro, de 16:00 a 19:30h

  1. Barcia González, Roque
  2. Carro Viqueira, Álvaro
  3. Freire Suárez, Eva
  4. Freire Suárez, Rui
  5. Hidalgo Gerpe, Óscar
  6. López Abad, Víctor
  7. Sixto Poulsen, Víctor Sloth
  8. Suárez Novoa, Aldara
  9. Vázquez Rego, Artur

Para o desenvolvemento do taller, os alumnos deberán levar un portátil, no que deberán ter permisos de administrador para a instalación dalgún programa.

O curso terá lugar nas instalacións da empresa Tesla Technologies & Software, S.L. Rúa Pilar Miró nº6, Santiago de Compostela (de lado do centro comercial As Cancelas).

sábado, 22 de outubro de 2016

Sesión coas familias ESTALMAT-Galicia

Hoxe puidemos disfrutar na Facultade de Matemáticas en Santiago da presenza de tres estudantes da primeira promoción de ESTALMAT-Galicia: Iago Velasco López, Alicia Seijas Vázquez e Luis Antonio López Valcárcel.

Alicia, Iago e Luis

Desde AGAES, queremos darlles as grazas pola súa visita e polo tempo que compartiron, xunto con Covadonga, cos pais e nais que asistimos á xornada coas familias.

Iago, Alicia, Luis e Covadonga

Foto de Grupo


xoves, 20 de outubro de 2016

Obradoiro Robótica e Internet das Cousas

O próximo 5 de novembro dará comezo o Obradoiro de Robótica e Internet das Cousas.

O custo será de 45€ por alumno, que inclúe a inscripción como socio e o dereito á asistencia ao curso.

Para elo tedes que facer, primeiramente, unha preinscripción. cuxo prazo remata o sábado 22 de outubro. Para iso, podedes devolver asinada a folla de inscripción que se adxunta, mediante correo electrónico ou en man o mesmo sábado 22 na xornada de pais.

Do 24 ao 27 de outubro terá que facerse o pagamento mediante ingreso na conta que figura na folla de inscripción.

martes, 18 de outubro de 2016

Programa ConCiencia 2016: Cédric Villani


A Universidade de Santiago ven de publicar o vídeo da conferencia do Profesor Cédric Villani que tivo lugar o 3 de outubro dentro do Programa Conciencia 2016.

domingo, 16 de outubro de 2016

Primeira sesión coas familias ESTALMAT-Galicia

O sábado día 22 de outubro terá lugar a primeira sesión coas familias prevista no calendario de actividades de ESTALMAT-Galicia para o curso 2016/17.
Dará comezo ás 10:35 horas, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas, unha vez que o alumnado de Estalmat entre nas aulas.
Nesta ocasión, tendo en conta que ESTALMAT-Galicia está a cumprir 10 anos, temos preparado unha sesión na que nos visitarán tres estudantes da primeira promoción de Estalmat Galicia que nos contarán a súa experiencia antes, durante e despois do seu paso por Estalmat-Galicia:

Iago Velasco López
de Vigo,  estudante de Ciencias Políticas e da Administración
Alicia Seijas Vázquez
de Lugo,  estudante do Grao en Matemáticas
Luis Antonio López Valcárcel
de Santiago, estudante de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Esta actividade ten carácter voluntario e poden asistir nais/pais e outros familiares acompañantes do alumnado ESTALMAT-Galicia.

sábado, 8 de outubro de 2016

Comeza o curso 2016-17 coa X Promoción de Estalmateiros Galegos







Este sábado 8 de outubro , inaguráronse as clases de Estalmat Galicia deste curso 2016-17.  Xa van alá 10 anos. Comeza a X Promoción. Parabéns para esta nova  nova fornada, e por suposto tamén  ós promotores e creadores  deste proxecto recoñecedor e estimulador de talentos matemáticos. 
Algúns dos socios  máis veteranos , case todos membros da directiva de AGAES, xuntámonos na Asemblea Anual para, entre outras cousas, animar os novos estalmateiros a participar na Asociación. Ó rematar, algúns xuntámonos para compartir un xantar "Estalmateiro".
 Aquí deixamos unhas fotos da entrega de diplomas do Open Matemático do curso pasado e da xuntanza . 

xoves, 22 de setembro de 2016

Conferencia "De triángulos, gases, precios y hombres"


 LUNES 3 de OCTUBRE    19:30 horas 

Lugar: Auditorio Novagalicia Banco, Rúa Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela

Resumo: Esta é a historia de tres problemas matemáticos, procedentes respectivamente da xeometría, a física estatística e a economía, que se unen dunha forma inesperada e produtiva. É tamén a oportunidade para evocar grandes teorías e persoas, e a maneira na cal vai o progreso matemático.

sábado, 30 de abril de 2016

Acto de clausura da 8º Promoción

Clica na imaxe para ver o Acto de Clausura da 8º Promoción.

Co motivo da  Clausura da promoción 2014-2016,  algunhas familias, a titulo  particular quedará a comer no comedor de Monte dá Condesa, e aínda que para o ano o máis probable é que todos repitan, comer o último día xuntos sería unha boa forma de despedirse este curso.

xoves, 21 de abril de 2016

XVI Rebumbio Matemático e X Feira Matemática na Coruña

Centenares de escolares de toda Galicia participarán os días 22 e 23 de abril no XVI Rebumbio Matemático e na X Feira Matemática, organizadas pola Asociación de Profesores de Matemáticas de Galicia (Agapema) en colaboración co Concello da Coruña. O venres, día 22, o Fórum Metropolitano acollerá unha nova edición do Rebumbio Matemático e o día seguinte será o Palexco o que acolla a décima edición da Feira Matemática.

No Rebumbio Matemático participarán 312 escolares de toda Galicia, dos que 93 corresponden a centros que competirán na cidade da Coruña. Este ano producese un importante aumento no número de participantes, superando a cifra das anteriores edicións e conseguindo o récord de participación de todas as edicións.  Ler máis

mércores, 20 de abril de 2016

A Elegancia no mundo 4.0

"....  Un concepto moi eficientemente aplicado por José Manuel Iglesias, foi o da Industria 4.0. Xuntar palabras con números é a clave da codificación. O 4.0 fíxome ver como pasamos desde o 1.0, a internet básica; ao 2.0, as redes sociais e a colaboración; o 3.0, que é una volta ás persoas e agora ao 4.0, que engade a intelixencia, o dinamismo e a flexibilidade, compactado nun a medida. A revolución 4.0 pode aplicarse a un bo número de conceptos: a medicina personalizada, da que fala o meu admirado Ángel Carracedo; a educación 4.0 á que lle adicarei outra mandala, e hoxe á elegancia 4.0. A elegancia brota cando somos quen de proxectarnos, facendo que ese traxe que decidimos lucir nos senta ben desde a nosa coherencia, ao movemos tamén pola rúa do Paseo da rede. Como ourensá coñezo o valor de socialización e elegancia que a singular rúa de Ourense contén, e sería reprobable non saudar e brindar unha aperta ás persoas que coñeces desde nena ou que fuches atopando na vida. Saudar e responder ao saúdo é o primeiro sinal de elegancia. Hoxe temos conscientemente que transmitilo cando iniciamos e respondemos un correo electrónico ou nos manifestamos nas redes sociais. Asentir ou refutar posicionamentos ou proxectos non está discutido coa elegancia 4.0. O traxe que nos viste para comunicarnos ten que estar feito para nós, podemos ser o noso propio xastre se anotamos as nosas asimetrías.....

Ler todo no Correo Galego

martes, 8 de marzo de 2016

Concurso Explícoche Matemáticas

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración coa Fundación Barrié e o SNL, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.

martes, 1 de marzo de 2016

Campus Científicos de Verán

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 7ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Co firme obxectivo de potenciar o interese de estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos diseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 3 e 30 de xullo de 2016. O programa completarase con actividades de lecer científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia) e deportivas.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día 24 de febreiro ata as 15:00h do día 16 de marzo de 2016. Na seguinte páxina web http://www.campuscientificos.es poderase atopar máis información con todos os detalles do programa. 

Rogámoslle axúdenos a difundir esta iniciativa entre todos aqueles estudantes que puidesen estar interesados en presentar a súa solicitude. 

En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Tfno: 91 425 18 18 (Atención telefónica de lunes a viernes de 9.00 a 13.30 horas)

domingo, 28 de febreiro de 2016

Clasificación Final do XXVIII Open Matemático

Clica na imaxe para ver a clasificación.

"Temos que sentirnos moi orgullossos de todos os participantes e especialmente dos que acadaron postos destacados entre os 1723 participantes:

Olaia Maceiras, SEGUNDA e ademáis a alumna máis nova entre os primeiros clasificados
Alba Blanco, SEGUNDA
Boris Carballa, TERCEIRO
Ángel Mourelle  e Marcos Blanco, CUARTOS
Antón Figueroa, Antón Iglesias, Adrián, Núñez e Daniel Ramón Regueiro, QUINTOS,
José Antonio Miguélez e José Pazos, SEXTOS

Tamén felicitamos a Brais Hidalgo e a Ángel Mourelle por aparecer na clasificación de beleza

A  todos os nomeados e tamén  aos demáis,participantes,  ¡PARABÉNS! "

Alicia e Covadonga