martes, 23 de xaneiro de 2018

XXX Open Matemático — seguimento



Nesta entrada do blog poderedes consulta-los enunciados dos problemas, as solucións e as clasificacións tras cada unha das seis xornadas de que consta o Open Matemático.







Xornada Data Límite Problemas Clasificación
22 de xaneiro enunciados  solucións
xeral  beleza  
29 de xaneiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza 
5 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza
12 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza
19 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral  beleza
22 de febreiro enunciados  soluciónsxornada  xeral prov.v2  beleza


Notas:
  • A hora límite para a finalización de cada unha das xornadas son as 14:30 horas da data límite indicada na táboa.

luns, 22 de xaneiro de 2018

Visitas guiadas ao Patrimonio Histórico da USC

AGAES convida ás familias socias a realizar unha visita guiada ao Patrimonio da USC o vindeiro sábado 3 de febreiro, de 12 á 13.30 h. Quen  confirme a asistencia, debe indicar un nome e cántos son por familia (amigosdoestalmat.galicia@gmail.com).

Saíremos do Colexio Fonseca, na rúa do Franco. Rogamos puntualidade.
O foro está limitado a 25 persoas.

sábado, 20 de xaneiro de 2018

OMG 2018

Santiago Vázquez Sáez e Juan Carlos Rocamonde Quintela de Estalmat-Galicia, que acadaron  o 1º e o 2º posto respectivamente da Olimpíada Matemática Galega, representarán, xunto con Alexander Vidal Zhukova, a Galicia na LIV OME que se celebrará en Jaén, do 15 ao 18 de marzo de 2018.
Cabe destacar tamén outros alumnos de Estalmat-Galicia, Antón Figueroa Martínez de 3º de ESO, Júlia Misaki Anguera Zemba e María Rodríguez Dominguez, ambas dúas de 4º ESO que obtiveron unha mención de honra, así como a alta participación nas probas. Noraboa a todos os premiados e participantes.

NOTA DE PRENSA
http://www.usc.es/olympia/news.htm

xoves, 18 de xaneiro de 2018

A fase galega da Olimpíada Matemática celébrase este venres na USC

A Facultade de Matemáticas acolle este venres 19 a fase autonómica da LIV Olimpíada Matemática Española, na que se seleccionarán os tres estudantes de bacharelato que formarán o equipo olímpico que represente a Galicia na fase nacional, a celebrar do 15 ao 18 de marzo en Jaén.

A competición dará comezo ás 10.00 horas cun acto de recepción para continuar co desenvolvemento da primeira sesión de probas: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión será ás 16.00 horas, cun programa semellante.

A entrega de premios terá lugar ás 20:30 horas na Aula Magna da facultade, nun acto presidido polo reitor Juan Manuel Viaño Rey e que contará coa presencia da decana do centro, Elena Vázquez Cendón, da subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Pilar García-Rodeja Gayoso, e do director do Instituto de Matemáticas, Alberto Cabada Fernández.

martes, 9 de xaneiro de 2018



Xa deu comezo a XXX edición do Open Matemático, coa primeira tandada de problemas. Póñovos de seguido a mensaxe de Covadonga:

Este ano o concurso,  xa na  XXX edición,  ten como lema  GASTRONOMÍA  E MATEMÁTICAS, e está  organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.

As instruccións para participar baixo as siglas de AGAES-ESTALMAT-Galicia son:
  1. Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén sirven fotografías pero deben ter a resolución adecuada para que podan lerse sen dificultade.
  2. Envialos por correo electrónico no  prazo previsto, que na primeira xornada remata ás 14:30 horas do 22 de xaneiro, ás direccións das profesoras encargadas, Cristina e Covadonga 
  3. Cando recibamos as respostas daremoslle a reenviar ao correo entrante, esa será a sinal de que chegou correctamente.
  4. No asunto do correo poñede:   Nome, apelido, curso que estades estudando  e  a xornada Open 2018, por exemplo:
    Isabel Martínez- 3º ESO- 1ª Xornada Open 
  5. Cada xornada enviaremos ao correo dende o que nos cheguen os problemas,  as solucións e os problemas da sesión seguinte. O blog de AGAES   http://sociosagaes.blogspot.com.es/  fará o seguemento deste concurso e poderán consultarse alí as clasificacións.
  6. NON É UNHA ACTIVIDADE OBRIGATORIA. Tampouco é necesario resolver todos os problemas de cada xornada nin participar en todas as xornadas.
É importante ler detidamente as bases e as instruccións.

As solucións dos problemas deben aparecer moi xustificadas. Non serve poñer únicamente como solución un valor ou unha frase (Por exemplo: "non é posible").  

A puntuación dun problema ou  son 2 puntos ou 0 puntos.

martes, 2 de xaneiro de 2018

José Rodríguez: o matemático galego que definiu o metro

Un dos pais do Sistema Métrico Decimal é un galego de Lalín. O matemático Rodríguez afinou as medicións dos meridianos de París e de Greenwich. E tivo en Europa un gran prestixio, do que non gozou no seu país.

O metro, como unidade de medida, debe moito a un home nado nunha aldea de Lalín. Tiña un nome do máis común: José Rodríguez González. E, como acontece en tantas ocasións, foi máis apreciado fóra que dentro do seu propio país. Porque o ‘Matemático Rodríguez’ foi unha autoridade científica dacabalo entre os séculos XVIII e XIX, impulsor da cristalografía, protagonista de achados astronómicos e, sobre todo,  un dos pais do Sistema Métrico Decimal. Este galego xenial foi tamén mestre doutro personaxe capital na historia de Galicia, o seu primeiro cartógrafo científico: Domingo Fontán.
http://www.gciencia.com/historias-gc/jose-rodriguez-matematico-galego-metro/