sábado, 30 de abril de 2016

Acto de clausura da 8º Promoción

Clica na imaxe para ver o Acto de Clausura da 8º Promoción.

Co motivo da  Clausura da promoción 2014-2016,  algunhas familias, a titulo  particular quedará a comer no comedor de Monte dá Condesa, e aínda que para o ano o máis probable é que todos repitan, comer o último día xuntos sería unha boa forma de despedirse este curso.

xoves, 21 de abril de 2016

XVI Rebumbio Matemático e X Feira Matemática na Coruña

Centenares de escolares de toda Galicia participarán os días 22 e 23 de abril no XVI Rebumbio Matemático e na X Feira Matemática, organizadas pola Asociación de Profesores de Matemáticas de Galicia (Agapema) en colaboración co Concello da Coruña. O venres, día 22, o Fórum Metropolitano acollerá unha nova edición do Rebumbio Matemático e o día seguinte será o Palexco o que acolla a décima edición da Feira Matemática.

No Rebumbio Matemático participarán 312 escolares de toda Galicia, dos que 93 corresponden a centros que competirán na cidade da Coruña. Este ano producese un importante aumento no número de participantes, superando a cifra das anteriores edicións e conseguindo o récord de participación de todas as edicións.  Ler máis

mércores, 20 de abril de 2016

A Elegancia no mundo 4.0

"....  Un concepto moi eficientemente aplicado por José Manuel Iglesias, foi o da Industria 4.0. Xuntar palabras con números é a clave da codificación. O 4.0 fíxome ver como pasamos desde o 1.0, a internet básica; ao 2.0, as redes sociais e a colaboración; o 3.0, que é una volta ás persoas e agora ao 4.0, que engade a intelixencia, o dinamismo e a flexibilidade, compactado nun a medida. A revolución 4.0 pode aplicarse a un bo número de conceptos: a medicina personalizada, da que fala o meu admirado Ángel Carracedo; a educación 4.0 á que lle adicarei outra mandala, e hoxe á elegancia 4.0. A elegancia brota cando somos quen de proxectarnos, facendo que ese traxe que decidimos lucir nos senta ben desde a nosa coherencia, ao movemos tamén pola rúa do Paseo da rede. Como ourensá coñezo o valor de socialización e elegancia que a singular rúa de Ourense contén, e sería reprobable non saudar e brindar unha aperta ás persoas que coñeces desde nena ou que fuches atopando na vida. Saudar e responder ao saúdo é o primeiro sinal de elegancia. Hoxe temos conscientemente que transmitilo cando iniciamos e respondemos un correo electrónico ou nos manifestamos nas redes sociais. Asentir ou refutar posicionamentos ou proxectos non está discutido coa elegancia 4.0. O traxe que nos viste para comunicarnos ten que estar feito para nós, podemos ser o noso propio xastre se anotamos as nosas asimetrías.....

Ler todo no Correo Galego