Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de outubro de 2016

Comeza o curso 2016-17 coa X Promoción de Estalmateiros Galegos







Este sábado 8 de outubro , inaguráronse as clases de Estalmat Galicia deste curso 2016-17.  Xa van alá 10 anos. Comeza a X Promoción. Parabéns para esta nova  nova fornada, e por suposto tamén  ós promotores e creadores  deste proxecto recoñecedor e estimulador de talentos matemáticos. 
Algúns dos socios  máis veteranos , case todos membros da directiva de AGAES, xuntámonos na Asemblea Anual para, entre outras cousas, animar os novos estalmateiros a participar na Asociación. Ó rematar, algúns xuntámonos para compartir un xantar "Estalmateiro".
 Aquí deixamos unhas fotos da entrega de diplomas do Open Matemático do curso pasado e da xuntanza . 

domingo, 14 de febreiro de 2016

Despedida da 7ª Promoción do ESTALMAT - Galicia (2013-15








Despedida da 7ª Promoción do Estalmat (2013-15). Ver o Programa do Acto.

Ó rematar celebramos o xantar no Monte da Condesa.

Os libros son os agasallos que recibiron os rapaces ,  e dende aquí agradecemos por elo as asociacións colaboradoras con ESTALMAT,    AGAPEMA  e  SGAPEIO

Curiosidades da Charla  "As matemáticas como profesión hoxe" :

Destacamos, xunto coa morea de campos onde un matemático pode traballar,  a defensa ou reivindicación da muller na ciencia, en especial da Matemática, por parte da Dona Elena Vázquez Cendón (Coordinadora Xeral de ESTALMAT - Galicia).  Mostrounos en pouco tempo  un montón delas  parafraseando o dito de "Habelas hailas". Nós deixamos aquí unha pequena mostra das comentadas
  Hedy Lamarr,      -      Mileva Maric



domingo, 23 de novembro de 2014

"EsTalMat: a nosa esperiencia" - XXVII Congreso de ENCIGA

Mostrando IMG_20141122_122544.jpg Este sábado 22 de novembro no XXVII congreso de ENCIGA  celebrado en Moaña,  presentouse a  comunicación:   EsTalMat: a nosa experiencia. que firmaban: Bárbara Rodríguez Presedo, José Alberto Castellanos, Mariña Fernández González, Oscar Pérez Vila, Marina López Seoane, alumnos de Bacharelato.Alumnos da 4ª promoción de EsTalMat Galicia. A sala estaba chea e había mota expectación por ver o que contaban.  Foi unha estupenda intervención.  Con moita seguridade e simpatía contaron como foi a súa entrada en Estalmat, como foi o día da proba á que asistiron por iniciativa dos seus pais (Marina e Alberto) e do seu profesor (Bárbara) sin pensar en ningún momento que resultarían elixidos e o que supuxo o seu paso por Estalmat: o descubrimento das matemáticas e dun modo distinto de traballalas
Mostrando IMG_20141122_113220.jpg Insistiron na diferencia entre as clases Estalmat e as ordinarias no centro que lles resultan as veces un pouco aburridas e con moita repetición de rutinas, falaron das amistades novas que din son "para toda a vida" e da ilusión por un futuro relacionado  coas matemáticas ou a física.
Pero a mensaxe principal que levaban era que o profesorado animara aos seus alumnos a presentarse á proba para que tiveran a posibilidade de participar no proxecto.
Unha sensación moi gratificante para o profesorado de ESTALMAT, e así foi como nolo contou a nosa compañeira, e profesora do ESTALMAT, Covandonga R. M. 

domingo, 11 de maio de 2014

Despedida do curso 2013-14 ( 1º e 2º)



O 10 de maio, clausura dos cursos de ESTALMAT-Galicia pasamos un día con amigos e amigas, así o indica o nome da asociación. "ASOCIACION GALEGA DE AMIGOS..."
O noso agradecemento a toda as persoas que participan en ESTALMAT-Galicia, especialmente as familias socias de AGAES que fixeron deste día un gran día de ledicia.
Merche e Anxo

sábado, 5 de abril de 2014

Preparando o vindeiro ESTALMAT


Cando xa rematou o curso de ESTALMAT de 3º, e ós de 2º lles faltan dúas xornadas e ós de 1º unha soa, comeza a preparación do ESTALMAT 2014-15. Hoxe estivemos colaborando coa organización metendo a información (folletos) nos sobres para mandar a todos os centros de primaria e e secundaria de Galicia (uns 1500 sobres).

domingo, 23 de marzo de 2014

Fotos do Roteiro Cultural por Santiago

Clica na imaxe para ver algunhas das fotos que fixemos no roteiro por Santiago este sábado pasado.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Xornada Estalmat-1º en Guitiriz

A pesar de que tivemos unha  poalleira continua, este sábado 25 de xaneiro do 2014pasamos unha bonita xornada do Estalmat Galicia en Guitiriz. Ó igual que os de segundo, fixemos máis ou menos o mesmo percorrido  durante toda a mañá. Comezamos coa charla de presentación  na Casa Habanera, logo fixemos a  visita á igrexa máis grande do Concello  (Sagrado Corazón de María) , ó reloxo analemático. Faltóunos ver a mezquita de Franco.  Tomamos a parva coa torta ou bica de Guitiriz. Algúns quedamos a xantar no restaurante "La Casilla" e rematamos cun  café no Balneario.            Ver fotos

xoves, 26 de decembro de 2013

O viveiro do talento matemático na Prensa

Este ano xuntáronse alumnos da 1ª Promoción Estalmat- Galicia, que xa están na universidade,   con outros que prometen chegar e que están a facer os novos cursos de estimulación de talentos matematicos. 
Cada sábado adolescentes de toda Galicia afondan na USC nesta disciplina grazas á colaboración de universidade e do ensino medio.
Aquí aprenden, da man de 40 docentes universitarios e de secundaria, que as matemáticas "teñen que ver con todos os campos da sociedade", máis aló do que lles ensinan no instituto.