martes, 28 de novembro de 2017

Xornadas de Portas abertas

A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebrará o vindeiro sábado 2 de decembro unha xornada de divulgación destinada ó público xeral para mostrarlle á sociedade o labor de excelencia científica que realizan os tres centros da rede (CiQUS, CiMUS e CiTIUS), amosando a calidade dos seus resultados de investigación ó longo dun percorrido que permitirá comprobar de primeira man o valor engadido que estes centros están a achegar á mellora da calidade de vida, non só na nosa contorna máis próxima, senón tamén a nivel global. Entre as actividades que poderán atopar os visitantes ao longo do día figuran demostracións con drons, robots, lentes 3D, obradoiros de experimentos en química e biomedicina, circuítos de xeración de enerxía, teatros científicos ou charlas divulgativas (entre outras), así como mostras de tecnoloxías desenvolvidas no marco de traballo dos centros.

venres, 24 de novembro de 2017

V Concurso de postais de Nadal na USC

A Fundación USC Deportiva convoca por quinto ano consecutivo o seu concurso de postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2014 (ambos incluídos) e cuxa temática debe unir o Nadal e o deporte. O prazo para entregar os traballos rematará o 11 de decembro.

O premio consistirá nun vale para cambiar por material deportivo e unha praza no Verán CampUSC 2018, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai nove veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación convocante.

O xurado estará composto por un membro do padroado da Fundación USC Deportiva, unha persoa experta en arte, e representantes da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e da Fundación USC Deportiva.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_11/noticia_0144.html

luns, 20 de novembro de 2017

Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia visitará a NASA

Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia é un dos tres alumnos do SEK-Atlántico que se formarán cinco días na NASA

O programa de contidos de  Stage  está baseado en diferentes retos, logros e microproxectos, con modelos experimentais traballando nos laboratorios e salas de simulación da NASA Space Center de Houston. Traballarán con enxeñeiros e persoal de alto nivel da NASA,  realizarán actividades como Scuba Challenges, termo/cryo Design, retos en robótica e  de deseño de hábitats en Marte  nun entorno tecnoloxicamente avanzado e internacional. Tamén realizarán un Bruch cun astronauta en activo, con comidas no mítico "Zero-G Dinner NASA"e recibirán segundo obxectivos Diploma Acreditativo.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/11/17/tres-alumnos-colegio-sek-atlantico/1787624.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2017/11/18/tres-alumnos-sek-atlantico-formaran-cinco-dias-
nasa/0003_201711P18C7994.htm
 


Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia




Enrique Dios Lázaro, da 8ª promoción de Estalmat-Galicia, premiado pola súa traxectoria persoal marcada polo compromiso social, a participación e os valores. Chegou a crear un prototipo de bastón para invidentes.


file:///C:/Users/Usuario/AppData/Local/Temp/2017_11_15_Diario%20de%20Pontevedra[1].pdf 

venres, 17 de novembro de 2017

III Xornada. Mulleres na ciencia



  III Xornada. Mulleres na ciencia
 
1 de decembro de 2017 ás 16:00 horas
Aula Magna da Facultade de Matemáticas
  Conferencia
Mulleres con ciencia: ciencia sen mulleres? a cargo de Marta Macho Stadler
     Inscrición gratuíta:
Prazo de inscrición ata o 30 de novembro ás 12:00 horas. Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0069.html