Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de xullo de 2015

Preguntoiro Científico


Resumo : Un xeito lúdico de aprender e achegarse á vida e obra de grandes científicos/-ás galegos, organizado por educaBarrié coa colaboración do Conselo dá Cultura Galega, para primaria, secundaria e bacharelato.


 Recurso educativo que consiste en adiviñar o personaxe que se mostra nos vídeos, ademais de contestar unha serie de cuestións que se formulan.

Entrar no xogo

domingo, 10 de maio de 2015

sábado, 11 de abril de 2015

Laser-laberinto (Laser maze)


 O xogo consiste en que o laser ten que dárlle a tódalas figuras. Primeiro escollemos o laser (b). Poñémolo no lugar e dirección que escollamos . Logo  disparamos (d - fire). Temos que ver que vai a seguir a dirección que permiten as figuras. A amarela deixa traspasar o laser, a verde espárcea en varias dirección. Cando hai un candado esa dirección queda pechada.

Xogo: Saída atropelada

Hai que buscar a saída do  coche vermello movendo en liña recta os coches (para adiante ou para atrás). Se cometes algún erro e queres rectificar podes resetear de novo o xogo ou darlle a desfacer (undo).
Podes ver a explicación ou ben na imaxe ou no vídeo.


Xogo: Xadrez solitario ( en liña)

Hai que mover as fichas que aparecen no xogo de xadrez de tal xeito que só quede ó final unha.

Entrar no xogo

Ver vídeo titorial:

Xogo: Encaixar os bombóns (en liña)

Usando as pistas (clues),  enche a bandexa cos nove bombóns na súa posición correcta. Mestúranse formas e cores. Ao igual que nun sudoku, debes examinar todas as pistas do reto antes de facer ningún movemento. Descarta as posibilidades para encher cada variedade, agudizando os teus razoamentos. 
Entra no xogo 

mércores, 21 de xaneiro de 2015

martes, 23 de decembro de 2014

As 4 cartas

Resolve
1º- Considera a seguinte afirmación: "Se unha carta ten unha vogal nun lado, entón ten un número par no outro"

2º- Que cartas da imaxe  hai que voltear para comprobar a veracidade da afirmación inicial?

Clica na imaxe se queres face o xogo "en liña"  ( en inglés)

Omino

Tipo Tetris. A mecánica do xogo é a de sempre, figuras poligonais van caendo na pantalla de xogo e hai que colocalas de tal xeito que formemos liñas horizontais sen ocos.  Pero a variación radica nas figuras que caen: comezamos xogando con 1-minós, é dicir, simples cadrados, ao pasarmos de nivel xogaremos con 2-minós, i.e., rectángulos formados por dous 1-minós, no seguinte nivel xogaremos con 3-minós, que xa presentan algo de variedade (pezas L ademais de rectángulos con 3 1-minós), no 4º nivel xogaremos cos tetrominós, que é o Tetris usual, e así sucesivamente. Obviamente a irregularidade das pezas nos niveis superiores fará máis complicado non deixar ocos e por tanto "facer liñas".

sábado, 5 de abril de 2014

Canguro Matemático

Na páxina de Canguro Matemático aparte de poder ver todos os problemas dos diferentes concursos matemáticos dos cursos anteriores,  tamén podes facer un xogo en liña con diferentes niveis.
Axiña sairán os problemas e solucións do concurso feito o mes pasado deste curso 2013-14.

Clica ma imaxe para xogar.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Mathigon - Páxina con artigos, curiosidades e xogos matemáticos (English)


Mathigon,  é un libro dixital (e-book) interactivo dispoñible en liña, con xogos, vídeos ...
O problema para muitos é que está en inglés.