mércores, 20 de novembro de 2019

Pais de alumnos do programa ESTALMAT reclaman o respaldo económico do Goberno

O pasado luns 18 de novembro A ministra de Educación e FP en funcións, Isabel Celaá, recibiu na sede do Ministerio aos estudantes premiados ou recoñecidos nas fases nacionais, internacionais e iberoamericanas das Olimpíadas Científicas de 2019.
 
Ese mesmo día (os socios de AGAES foron informados atraves do correo con anterioridade) un grupo de nenos e país de ESTALMAT en representación das asociacións de Estalmat- Illas Baleares e de Castela A Mancha, ASFAMES ( Comunitat Valenciana), ACFAEC (Cataluña), AMPROES( Andalucia) e AGAES (Galicia), entregaron 2 cartas no Ministerio, unha dos alumnos pedindo que as olimpíadas se teñan en conta para as probas ABAU, e os pais reclaman melloras económicas.
 
Os socios de AGAES damos as grazas a Juan Luís Costa de  ASFAMES, pois foi quen se encargo de todo o relacionado coa noticia
Cartas alumnos e pais
 
 

domingo, 27 de outubro de 2019

Fotos entrega premios OPEN 2019

Desde AGAES queremos comunicar que este curso 2019/20 seguiremos participando economicamente co OPEN matemático. Damos as grazas a Cristina e Covodanga polo seu traballo o cal realizan de forma altruísta e a Trini polo seu apoio. GRAZAS

venres, 25 de outubro de 2019

Entrega de premios OPEN MATEMÁTICO 2019

Correo de Covadonga e Cristina.
 
Estimados OPENianos .
Escribímosvos para recordarvos que este sábado 26 de outubro entregaranse na facultade os premios do concurso OPEN matemático 2019. Estamos encantadas cos resultados obtidos este ano e moi orgullosas de que dúas das participantes que obtiveron a puntuación máxima vaian estar entre nós. É un reto non fallar en ninguna xornada e todos os participantes fixestes un gran papel.
Parabéns a tod@s.
 
Tamén queríamos comentarvos que estamos a facer o posible para participar este curso no OPEN 2020. Animadevós!!!!
Pronto teredes noticias nosas.
Un saúdo.
 
A relación de participantes que teñen distinción é a seguinte:
 
 

domingo, 20 de outubro de 2019

Santiago de Compostela acolle a final da I Olimpíada Científica Xuvenil Española

  • A conselleira de Educación participou no acto de entrega dos premios
  • Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos, disputaron estes días as últimas probas do certame
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no Pazo de Fonseca na entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame
 

xoves, 17 de outubro de 2019

A USC, sede da I Olimpíada Científica Xuvenil Española

Os equipos gañadores da fase autonómica danse cita dende este mércores 16 en Santiago de Compostela na fase estatal do certame
 
A USC acolle dende este mércores 16 de outubro e ata o vindeiro sábado 19, a fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas. Esta é a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos, tratándose da edición inaugural desta Olimpíada Científica Xuvenil.

xoves, 3 de outubro de 2019

Nova Olimpíada Científica Xuvenil

Existen diferentes olimpíadas en Galicia e España dedicadas a diferentes disciplinas, pero ata o de agora non había una para todas as ciencias á vez. Este ano será a primeira vez que se celebre, organizada por Fernando Castro , da primeira promoción do ESTALMAT GALICIA . O pasado venres, día 27, celebrouse na facultade de matemáticas da USC a fase autonómica, e do 16 ao 19 de outubro será a fase nacional, en varias facultades e centros científicos composteláns.
 
 
 
Alumnos do IES Rosalía triunfaron na fase autonómica da I Olimpíada Científica Xuvenil 
 
 

venres, 27 de setembro de 2019

O proxecto Estalmat-Galicia recibe á súa XIII promoción

O acto inaugural terá lugar este sábado 28 de setembro, ás 10.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas


Estalmat-Galicia ten examinado a case 4000 estudantes
 na súa historia. Imaxe de arquivo
O acto de apertura do curso estará presidido polo Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, acompañado pola decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e polo presidente do proxecto Estalmat-Galicia e ex reitor da USC, Juan Viaño Rey.  Xunto a eles, tomarán parte os representantes dos patrocinadores principais do proxecto,  Juan Carlos Varela Vázquez, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado;  e Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo. Completará a mesa  a profesora  Mercedes Rodriguez Bruzos do IES Rosalía de Castro, en representación dos docentes que mobilizan e avalan aos estudantes que participan nas probas de selección.
http://xornal.usc.gal

Promocion13

sábado, 14 de setembro de 2019

Carmen Pomar loa o traballo de ESTALMAT-Galicia a prol do desenvolvemento do talento matemático entre o alumnado

 
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiu hoxe unha das insignias de honra que outorga este organismo en recoñecemento do labor de institucións e profesorado a prol do estímulo matemático
 
 

 A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, recibiu hoxe a insignia de honra de ESTALMAT-Galicia, o proxecto para a detección e estímulo do talento precoz en Matemáticas, impulsado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
(AGAPEMA), da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
e da Facultad de Ciencias de la Educación da Universidade da Coruña. Ademais de agradecer esta distinción -que no apartado institucional tamén recibiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo- Carmen Pomar subliñou que o programa de Estímulo do Talento Matemático de estudantes galegos, dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, “coincide co esforzo que a Consellería vén realizando na última década a prol do impulso das vocacións STEM entre o alumnado”.
www.xunta.gal

xoves, 12 de setembro de 2019

II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE C3)


O IGFAE lanza a primeira das súas actividades organizadas no marco da Semana da Ciencia que terá lugar en novembro: a segunda edición do Concurso de Comunicación Científica (C3). O obxectivo deste concurso é promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos.
A participación no concurso está aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; en estudantes de doutoramento, máster e grao; en alumando de ESO e Bacharelato, profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física e nos profesionais da divulgación científica e xornalistas.

martes, 30 de xullo de 2019

España alcanza a súa mellor posición na Olimpiada Matemática desde 1991

 Seguimos sen estar na élite na Olimpiada de Matemáticas pero os esforzos dan resultados. O equipo español volveu de Bath con cinco bronces, o que lle sitúa na 42 posición, unha mellora considerable respecto ao ano pasado, cando o noso país alcanzou a 54. E iso supón alcanzar a mellor posición na competición desde o ano 1991. Oxalá sigamos progresando así, como se merece un equipo alentado polo esforzo de todos os apaixonados desta competición e, en moitos casos, pola dedicación dos profesores de Estalmat, o programa de detección do talento matemático.

luns, 15 de xullo de 2019

O Observatorio Astronómico da USC iniciará a vindeira semana o proxecto de divulgación ‘O camiño das estrelas. As estrelas do camiño’

O proxecto comezará o martes cunha sesión de observación da eclipse parcial de Lúa dende o Pico Sacro
 
 
As actividades deste programa de divulgación estenderanse ata finais de outubro, e de momento xa están inscritos os concellos de Allariz, Barbadás, Boqueixón, O Grove, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Ordes, Padrón, Portomarín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, e Vedra, algún deles con varias sesións. Ao logo do verán e outono, o profesor Docobo estima que se producirán novas incorporacións.

xoves, 11 de xullo de 2019

Así será a primeira aparición da Torre de Hércules nun videoxogo


La Torre de Hércules, en The Waylanders

A empresa coruñesa Gato Studio presenta estes días en Mundos Dixitais Waylanders, un xogo sobre a Galicia antiga
 
 Nesta aventura de rol encarnaremos a un grupo de guerreiros que terá que protexer o Camiño de Santiago en ambas as épocas. Teremos que explorar a Galicia antiga, que recibirá o nome de Brigantium. Para este videoxogo recreáronse, ademais da propia Torre, lugares como a Catedral de Santiago, as illas Ons ou Fisterra.

O museo de matemáticas abre as súas portas rendendo tributo a mulleres científicas aragonesas

María Teresa Lozano Imízcoz
 
O museo dedicado ás matemáticas é a primeira infraestrutura deste tipo en Aragón e a segunda en España. No resto de Europa hai tan só cinco homólogos: o Museo de Matemáticas de Cataluña (Cornellá) e os situados en Quaregnon (Bélxica), Beaumont-de- Lomagne (Francia), Giessen (Alemaña) e Florencia (Italia), pero Casbas conta coa peculiaridade de estar situado nun recinto declarado en 2004 como Ben de Interese Cultural.
 

xoves, 4 de xullo de 2019

Carmen Pomar subliña a “importancia estratéxica” de promocionar as vocacións científicas e STEM nas aulas desde idades temperás


   
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou hoxe a 19 edición das Xornadas para a aprendizaxe e o ensino das matemáticas (JAEM), que congrega na Coruña uns 500 docentes de todas as etapas para debater sobre cuestións educativas relacionadas con este ámbito.

19º Edición das JAEM (Xornadas sobre a Aprendizaxe e o Ensino das Matemáticas

  
palexco.com
Durante séculos millóns de peregrinos viaxaron cara ao oeste seguindo un dos camiños culturais máis importantes do mundo: o camiño de Santiago. Nos últimos anos a tradición cambiou e os peregrinos continúan o seu camiño máis aló do seu destino inicial, cara ao Atlántico, co que se atopan no “fin da terra”, en Finisterre. As JAEM, emulando a senda dos peregrinos, continúan viaxando cara ao oeste, camiño do Atlántico: Mallorca – Cartaxena – Madrid – A Coruña.

martes, 11 de xuño de 2019

Récord de participación con 426 aspirantes na convocatoria de ESTALMAT-Galicia 2019

Un total de 426 estudantes de toda Galicia nados en 2006 e 2007 participan este sábado 8 nas probas de selección dos 25 estudantes da 13ª promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas. Con este número de persoas inscritas, o proxecto consolida a súa andaina dende 2007 e sobrepasa a media dos 5 últimos anos.

Os participantes, 175 rapazas e 251 rapaces, proceden na súa maioría das provincias da Coruña (276) e Pontevedra (113), seguidas das de Lugo (18) e Ourense (19), tanto do ensino público (245) como do privado (181), de 136 centros públicos e 54 centros privados ou concertados. Representan a 91 localidades galegas diferentes. Con esta edición son xa case 4.000 as e os estudantes que teñen pasado pola Facultade de Matemáticas nos últimos trece anos para facer a proba de selección.

sábado, 8 de xuño de 2019

Nove graos universitarios aumentan as prazas para o vindeiro curso, no que tamén se impartirán por primeira vez catro títulos de nova creación

Un total de 9 graos universitarios aumentarán o número de prazas ofertadas para o vindeiro curso 2019/20 nas tres universidades galegas, que tamén impartirán por primeira vez 4 novos títulos de grao, tal e como acaba de aprobar en Madrid a Comisión Delegada da Conferencia General de Política Universitaria, o órgano estatal encargado de dar o visto e prace á oferta para a totalidade do Sistema Universitario Español, e no que están representados o Ministerio e as CCAA.
No caso de Galicia -á proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional- esta oferta supón aumentar por primeira vez a oferta de prazas naqueles graos que nos últimos anos non eran suficientes para cubrir a demanda existente, e que presentan alta taxa de graduación e empregabilidade.
Deste xeito, no vindeiro curso auméntanse as prazas no Grao en Enxeñería Informática no Campus de Ourense e no Campus de Santiago (+24), no Grao en Dereito no Campus Coruña e Campus Santiago (+15), no Grao en Matemáticas no Campus Santiago (+10), no Grao en Pedagoxía en Campus Santiago (+2), no Grao en Psicoloxía Campus Santiago (+10), no Grao en Educación Social no Campus Santiago (+2), e no Grao en Enxeñaría Mecánica no Campus de Ferrol (+4). Neste último introdúcese a formación dual polo que o campus de Ferrol será o único de toda Galicia en ofertar un grao dual (o Grao en Enxeñaría Mecánica).

sábado, 11 de maio de 2019

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 2017

Foto: Conchi Paz
 
 
 Carmen Pomar, conselleira de Educación:
 
Desde hai unha ducia de anos ESTALMAT-Galicia funciona con éxito e é un programa de referencia para o estímulo do talento. O traballo de todas as persoas que participan nel contribúe de forma decisiva a apoiar o alumnado con aptitudes matemáticas avanzadas, de tal xeito que redunde en maior proveito dos estudantes e da sociedade.

venres, 10 de maio de 2019

SESIÓN DE CLAUSURA DO CURSO 2018-19 E DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 2017



 Inauguración promoción de 2017

O sábado 11 de maio de 2019 terá lugar o Acto de Clausura do curso 2018/2019 e despedida da promoción de 2017 de Estalmat-Galicia.
Mais info

Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2019

Toda a información relativa á convocatoria de Estalmat-Galicia para o curso 2019/20
Pinchar aqui

domingo, 5 de maio de 2019

XUNTANZA DE FAMILAS




Damos as grazas ao presidente de ESTALMAT-GALICIA, Juan Manuel Viaño Rey e á Decana dá Facultade de Matemáticas e Responsable de Relación cos Egresados, Elena Vázquez Cendón  por acompañarnos nesta comida.





Grazas os nosos nen@s, sen eles non seria posible esta comida. Os de primeiro despedíronse ata setembro. Os de segundo veranse de novo o sábado 11 de maio para facer adespedida da súa promoción



Mais fotos





 
 
 


domingo, 14 de abril de 2019

XUNTANZA FAMILIAS

 
O  4 de maio será o último día que van a coincidir os de 1º e 2º. Polo tanto pensamos  que e un bo día pa celebrar unha xuntanza   todas as familias, e que mellor que con unha  comida, a cal sería no comedor universitario, Monte da Condesa ,o remate da sesión do ESTALMAT.
Tamen nos gustaría contar cos de 3º
 
A comida sera  tipo buffet e os prezos son:
 
11 euros  ADULTOS
 7 euros   MENORES DE 11 ANOS
 
Pedimos que se faga a confirmación de cantos seremos por familia antes do día 25 de abril, facendo uso do correo electrónico da asociación

amigosdoestalmat.galicia@gmail.com

 

martes, 26 de marzo de 2019

A Nerd Nite da primavera.


Un keniano é o novo mellor profesor do mundo

 
Peter Tabichi, un profesor keniano de 36 anos, foi recoñecido este domingo como o mellor profesor do mundo, galardón que entregou a Fundación Varkey como parte do concurso Global Teacher Prize, que se entrega desde Dubai.
Tabichi é profesor de ciencias e foi recoñecido porque “a súa dedicación, o seu arduo traballo e a súa apaixonada crenza no talento dos seus estudantes levou a que a súa escola con escasos recursos nas zonas rurais remotas de Quenia saíse vitoriosa nas competencias nacionais de ciencia”, asegurou a fundación na súa páxina web
www.eltiempo.com

venres, 15 de marzo de 2019

O Consello da Cultura Galega presenta a táboa periódica en galego na xornada que celebra os 150 anos da súa publicación

O ano 2019 foi declarado Ano Internacional do Sistema Periódico polas Nacións Unidas para conmemorar os 150 anos da publicación, por Dimitri Mendeleev, da súa táboa periódica. Ao fío desta efeméride, a Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, en colaboración co grupo de investigación CienciaNosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, considera oportuno facer unha profunda reflexión sobre tan importante e transcendente acontecemento. Pretende realizar unha chamada á sociedade e facer deste ano un ano frutífero para toda a ciencia galega.

mércores, 13 de marzo de 2019

María José Alonso, a científica máis influente de España

María José Alonso, catedrática da USC. Foto: Paula Martínez Graña.
 

Un novo fito na carreira de María José Alonso, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela. Segundo informou este martes a institución, converteuse na investigadora máis influente de España atendendo ao índice de citación dos seus traballos científicos. O ránking do índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h 71, a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. O ano pasado, Alonso xa era a máis influente no eido das Ciencias da Saúde, no que se mantén neste 2019 á cabeza.
https://www.gciencia.com

xoves, 7 de marzo de 2019

XII Seminario ESTALMAT 2019

Os días 29, 30 e 31 de marzo de 2019 celebrarase na  Universitat de lles  Illes  BalearsXII Seminario sobre actividades para Estimular o Talento precoz en Matemáticas e a  XVI Reunión Nacional do proxecto  ESTALMAT.http://estalmat.uib.ca

martes, 5 de marzo de 2019

Santiago acollerá o 1º congreso internacional de transferencia entre Matemáticas e industria

primeira  edición     Conference   on     Transfer  between   Mathematics &   IndustryCTMI 2019)   celebrarase  ou   vindeiro mes de  xullo     na   Facultade de Matemáticas  USC. Colaboran na   súa organización  ou Instituto   Tecnolóxico de Matemática Industrial (  ITMATI) e a  Rede  Española para Matemáticas e Industria (  mathin),   coa colaboración   do   European   Service   Network   of   Mathematics   for   Industry   and   InnovationEUMATHSIN). www.gciencia.com

luns, 4 de marzo de 2019

"Sorprende que nunha carreira científica a mellor nota sexa dunha muller"

Antes de empezar Matemáticas estudou un ano Arquitectura, pero non lle gustou. Erika Diz (Fene, 1994) acaba de recibir o Premio Fin de Carreira (dos titulados en 2017). E ela é a nota máis alta de todos os galardoados: un 9,79 no Grao de Matemáticas pola  Universidade de Santiago (e un 9,975 no máster que cursou despois). Por certo, dos 68 premiados nesta edición, case unhas 70% mulleres. www.laopinioncoruna.es

luns, 25 de febreiro de 2019

OPEN MATEMÁTICO 2019. RESULTADOS FINAIS E VALORACIÓNS

Os socios de AGAES queremos dar as grazas ás dúas coordinadoras do OPEN MATEMÁTICO, Covadonga e Cristina xa que sen elas este non seria posible. A continuación poñemos o correo que nos mandan.


Queridos participantes e familiares do OPEN, temos o inmenso placer de comunicar que o OPEN 2019 remata con resultados brillantes para AGAES-ESTALMAT- Galicia.  Nesta edición tivemos unha participación moi alta, rondando os 30 participantes en casi todas as xornadas e 16 na xornada de concentración do venres pasado na Facultade de Matemáticas.
 
O balance da clasificación final, despois da concentración presencial da que vos enviamos os enunciados e solucións, amosa dous primeiros postos (Juliá M. e Nuria), dous segundos (Martín e Pedro), dous terceiros (Iago, e Tomás G.), catro cuartos clasificados, cinco quintos (¡curiososo!) e 1 sexto.

 Ademáis, na clasificación de beleza entraron tres persoas: Daniel P., Héctor C. e Julia M. o que supón o 20% das belezas outorgadas en todo o concurso.
 
 
Estamos encantadas e moi orgullosas non so dos resultados senón tamén do ambiente creado arredor do concurso.  En primeiro lugar  queremos agradecer a todos o participantes a responsabilidade que amosaron en todo momento, cumprindo estrictamente os prazos establecidos e as bases do concurso.  En segundo lugar  queremos agradecer ás familias o esforzo realizado nas seis xornadas facendo que o concurso saíra adiante, especialmente aos que asististes á xornada presencial pois somos conscientes do que supón un desprazamento a Santiago toda a tarde dun venres, tendo en conta que esa viaxe debía repetirso ao día seguinte para asistir a sesión de ESTALMAT.
 
Tamén queremos agradecer a AGAES o apoio non so económico que se achega ao Colectivo Frontera, organizador do concurso,  senón tamén o seu labor de divulgación da actividade a través do blog (sociosagaes.blogspot.com) e o apoio que sempre atopamos na Asociación Galega de Amigos de Estalmat Galicia. 
Non queremos rematar sen mencionar o respaldo e a boa disposición e o apoio do  Comité Organizador de Estalmat Galicia.

Continuaremos enviando correos coas follas matemáticas que nos cheguen e coa información dos actos de entrega de premios, tanto en Requena (Valencia) como en Santiago.
 
 

 

Anexos