sábado, 16 de decembro de 2017

XXX Open Matemático



Un ano máis o Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas organiza o Torneo Abierto de Resolutores de Problemas, conocido como Open Matemático que, este ano, ten como lema Gastronomía e Matemáticas (díptico de presentación).

O torneo vai dirixido, primordialmente, aos alumnos de Enseñanza Secundaria: ESO, Módulos Profesionais de Grao Medio e Bacharelatos, pero está aberto a outros participantes como se recolle nas Bases.

A competición está organizada nun total de 6 xornadas, nas que se lles propondrá aos participantes a resolución dunha serie de problemas. Para as primeiras 5 xornadas establécese un prazo para que os participantes resolvan os problemas na súa casa e fíxase unha data límite para a súa entrega. A última xornada, a 6ª, será presencial.

Os estudantes que participen no programa ESTALMAT-Galicia, poderán entregar os problemas a través do correo electrónico dirixido ás coordinadoras Cristina e Covadonga. Na primeira xornada indicarase cal será este procedemento.

O calendario das xornadas é o seguinte:
Xornada Datas 2018 Fin prazo entrega
8 a 22 xaneiro 14:30h do 22 xaneiro
22 a 29 xaneiro 14:30h do 29 xaneiro
29 xaneiro a 5 febreiro 14:30h do 5 febreiro
5 a 12 febreiro 14:30h do 12 febreiro
12 a 19 febreiro 14:30h do 19 febreiro
22 ou 23 febreiro 16h–20h concentración

xoves, 14 de decembro de 2017

UDCiencia 2017

Xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (UDCC-UDC), en colaboración coa Deputación da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses, organiza UDCiencia 2017, unha xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos e xogos, e que contará coas explicacións de profesorado, persoal investigador e alumnado de graos e mestrados da UDC.

As actividades de UDCiencia 2017 desenvolveranse o sábado 16 de decembro na Domus, de 11.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 19.00 h. 
 https://www.udc.es/actualidade/eventos/2017/12/UDCiencia.html

mércores, 13 de decembro de 2017

Elena Vázquez Cendón, coordinadora xeral de ESTALMAT-Galicia, tomou posesión como decana da Facultade de Matemáticas

No seu discurso de investidura como Decana da Facultade, ademais de recoñecer o traballo desenvolvido nas áreas de coñecemento desta ciencia, no Instituto de Matemáticas, e polos grupos de investigación, entre outros,  non faltaron palabras tamén de recoñecemento para a asociación AGAES, colaboradora de ESTALMAT-Galicia.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_12/noticia_0046.html

mércores, 6 de decembro de 2017

Olimpíada Matemática Galega 2018

Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes así como integrantes do proxecto EsTalMat-Galicia
 http://www.usc.es/olympia/news.htm