martes, 31 de outubro de 2017

A USC traballará na implantación de sete novos graos ata 2021

En 2018-2019 comezarán a impartirse os de Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe, este último compartido coa UdC 

A oferta docente da USC incorporará nos vindeiros cursos un total de sete novos graos, segundo o documento de Mellora do mapa de titulacións do Sistema Universitario  de Galicia 2017-2021 presentado este luns polos tres reitores galegos e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.  

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_10/noticia_0162.html 

luns, 23 de outubro de 2017

Iniciación á Robótica


O obradoiro de Iniciación á  Robótica e Internet das cousas organizado pola Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT Galicia con TESLA TECHNOLOGIES & Software, S.L.vai dirixido a rapaces e rapazas de ESTALMAT-Galicia.
A proposta consiste en que os participantes no Proxecto para o Estímulo do Talento Matemático, que se desprazan a Santiago de Compostela para asistir a actividades de formación na Facultade de Matemáticas da USC os sábados pola mañá, poidan asistir, ademais, a este obradoiro de dúas sesións pola tardes.
 O material (kits) será aportado por conta da asociación e deberá ser compartido entre os asistentes (dous ou tres alumnos por Kit, segundo sexa o número de anotados).
- Data e hora: sábado 11 e 18 de novembro de 16 á 19.30 h. 
- Lugar de celebración: Tesla Technologies & Software, S.L. -Rúa Pilar Miró nº 6 - 15703 - Santiago de Compostela (De lado do Centro Comercial As Cancelas).

venres, 20 de outubro de 2017

A fotógrafa Anna Turbau mostra en Fonseca a Galicia que retratou a finais dos 70


O Colexio de Fonseca acubillará ata o vindeiro 10 de decembro a mostra ‘A intimidade da imaxe’, unha produción do Consello da Cultura Galega coa que colabora a Universidade de Santiago. Trátase dunha escolma de fotografías que Anna Turbau (Barcelona, 1949) realizou en Galicia entre 1975 e 1979.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_10/noticia_0098.html 

martes, 17 de outubro de 2017

Primeira sesión coas familias ESTALMAT-Galicia

O sábado día 28 de outubro terá lugar a primeira sesión coas familias prevista do calendario de actividades de ESTALMAT-Galicia para o curso 2017/18.
 
Ás 10:30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas e unha vez que o alumnado de Estalmat entre nas aulas, a secretaria da Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT-Galicia (AGAES) Silvia García fará unha breve presentación da devandita asociación.
 
De seguido terá lugar a conferencia da psicóloga Emma Mallo co título
Ensíname a equivocarme!
Esta actividade ten carácter voluntario e poden asistir nais/pais e outros familiares acompañantes do alumnado ESTALMAT-Galicia.

domingo, 15 de outubro de 2017