luns, 17 de abril de 2017

XI Feira Matemática


Este sábado, 22 de abril, é a data da XI Feira Matemática que, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), celebrarase na Coruña, no Hall de Proa de Palexco, en horario de 11 a 19 horas.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Eventos como este constitúen unha oportunidade estupenda para dar a coñecer e facer visible ao gran público o proxecto ESTALMAT.

Con tal motivo, anímase a todos os estudantes e ex-estudantes de ESTALMAT-Galicia a participar no stand co que ESTALMAT-Galicia contará nesta Feira.

Os interesados en participar, por favor, poñervos en contacto con Víctor Pollán Fernández a través do seu correo electrónico:
victor.pollan.fernandez@gmail.com.

xoves, 6 de abril de 2017

XXIX Open Matemático


O acto de Entrega de Premios correspondentes ao XXIX Open Matemático celebrarase, como cada ano, en Requena (Valencia). É un acto público que terá lugar o sábado, 29 de abril, ás 18:30 horas na Igrexa de Santa María.
[Máis información]

En Santiago celebrarase posteriormente outro acto de entrega de premios para os participantes galegos que non puidesen asistir ao evento anterior. A data anunciarase neste mesmo blog.