martes, 23 de decembro de 2014

As 4 cartas

Resolve
1º- Considera a seguinte afirmación: "Se unha carta ten unha vogal nun lado, entón ten un número par no outro"

2º- Que cartas da imaxe  hai que voltear para comprobar a veracidade da afirmación inicial?

Clica na imaxe se queres face o xogo "en liña"  ( en inglés)

Omino

Tipo Tetris. A mecánica do xogo é a de sempre, figuras poligonais van caendo na pantalla de xogo e hai que colocalas de tal xeito que formemos liñas horizontais sen ocos.  Pero a variación radica nas figuras que caen: comezamos xogando con 1-minós, é dicir, simples cadrados, ao pasarmos de nivel xogaremos con 2-minós, i.e., rectángulos formados por dous 1-minós, no seguinte nivel xogaremos con 3-minós, que xa presentan algo de variedade (pezas L ademais de rectángulos con 3 1-minós), no 4º nivel xogaremos cos tetrominós, que é o Tetris usual, e así sucesivamente. Obviamente a irregularidade das pezas nos niveis superiores fará máis complicado non deixar ocos e por tanto "facer liñas".

domingo, 21 de decembro de 2014

Solsticio de inverno

O inverno de 2014-2015 comezará o luns 22 de decembro ás 0 h 3 m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2015 co comezo da primavera. O día 20 de marzo haberá unha eclipse total de Sol que será visible como parcial dende a península ibérica.
Durante o inverno de 2014-2015, os planetas Venus e Marte seran doadamente visibles mirando cara ao oeste tras a posta de Sol, e Saturno se beira cara ao sur-este antes do amañecer. Xúpiter verase entrada a noite, e o 6 de febreiro estará en oposición, momento no que alcanzará o seu máximo brillo anual e sairá polo leste no momento en que o Sol se poña polo oeste.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se encontra nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso do inverno, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23 º 27') e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia o a chama tamén solsticio ("Sol quieto") de inverno. Neste instante no hemisferio sur iníciase o verán.

O día do solsticio de inverno corresponde ao de menor duración do ano. Arredor desta data encóntranse o día en que o Sol sae máis tarde e aquel en que se pon máis pronto. Un feito circunstancial non relacionado co inicio das estacións dáse tamén nesta época: o día do perihelio, é dicir, o día en que o Sol e a Terra están máis próximos entre si ao longo do ano. É esta maior proximidade ao Sol a causa de que a Terra se mova máis rapidamente ao longo da súa órbita elíptica durante o inverno (segundo a coñecida como segunda lei de Kepler) e polo tanto a duración desta estación sexa a menor.

María Wonenburger - Homenaxeada cunha rúa na Coruña

O 14 de outubro o Alcalde de A Coruña, acompañado da familia de María Wonenburger e de moitos compañeiros de Agapema, inaugurou unha rúa na zona de Vioño (Na Grela)   co nome da nosa recen finada e ilustre compañeira  ( 14 de xuño de 2014) a  matemática galegaMaría Wonenburger. Unha das pioneiras da ciencia, tanto galega como española.

xoves, 4 de decembro de 2014

Astronomía en Educa Barrié

Na páxina dos Recursos Didácticos (Proxectos)  de Educa Barrié temos varias Guías Didácticas , unha delas é esta de "Astronomía de Posición", onde se pode descargar en PDF con información e actividades.  Existen moitas máis que se poden buscar por materias:
Outras relacionadas coa Astronomía son:
  -Terra Paralela         - Camiños do ceo        -Contos de Estrelas       - Buscando o Norte      - Astrónomos Esquecidos"         - Encima do horizonte    - Ramón María Aller   ...