sábado, 26 de setembro de 2015

Eclipse total de lúa

Na noite deste vindeiro domingo 27 ao luns 28 terá lugar una eclipse total de Lúa que se verá en toda a Península, tamén en Galicia tal e como se prevén as condicións meteorolóxicas. A última eclipse total de Lúa que se puido observar en España foi o día 15 de xuño de 2011, en tanto que a próxima será a do 28 de xullo de 2018.

Ler máis

xoves, 30 de xullo de 2015

Keppler- 22b. Un posible planeta xemelgo do planeta Terra.

Un posible xemelgo da Terra foi descuberto en órbita dunha estrela similar ao sol a 600 anos-luz de nós, e o novo planeta pode xuntar as características para ser habitable, segundo dixo a NASA fai uns días. Descuberto pola misión espacial Kepler, o novo planeta alcumado Keppler- 22b, é máis pequeno que Neptuno e é o primeiro habitable que se encontrou nese sistema.

Preguntoiro Científico


Resumo : Un xeito lúdico de aprender e achegarse á vida e obra de grandes científicos/-ás galegos, organizado por educaBarrié coa colaboración do Conselo dá Cultura Galega, para primaria, secundaria e bacharelato.


 Recurso educativo que consiste en adiviñar o personaxe que se mostra nos vídeos, ademais de contestar unha serie de cuestións que se formulan.

Entrar no xogo

venres, 26 de xuño de 2015

Morte do Sistema Solar

O Sol está aproximadamente na metade da súa vida. Cando o Sol morra, todo o Sistema Solar morrerá con el. A morte dun sistema solar depende do tamaño da súa estrela. O Sol é unha estrela mediana, clasificada como anana amarela de tipo G, moi frecuentes na nosa galaxia. É demasiado pequena para converterse nunha gran supernova e estalar. En vez diso, desgastarase pouco a pouco. Primeiro converterase nun xigante vermello e finalmente esgotarase como unha débil anana branca. Dentro de 5.000 millóns de anos, o Sol terá consumido todo o combustible do seu núcleo, o hidróxeno. Entón, comezará a fusionar helio. Farase cada vez máis grande e volverase vermello. O seu tamaño será dez veces o que ten hoxe, e ocupará todo o ceo... e máis. Tragarase a todos os planetas do Sistema Solar interior: Mercurio, Venus, a Terra e talvez Marte. O resto de planetas torraranse pola calor e a intensa radiación. A fase de xigante vermello durará millóns de anos.Cando o helio tamén se esgote, fusionará carbono por algún tempo. Pero cando xa non quede combustible para máis fusións nucleares, a gravidade do seu núcleo fará que se encolla. Toda a masa do Sol quedará esmagada no seu núcleo e converterase nunha anana branca. Para entón apenas quedará xa nada do Sistema Solar, pois a radiación terá acabado con todo. O Sol aínda vivirá varios millóns de anos máis como unha anana branca. Pero estará tan débil, que a súa gravidade non terá forza para manter unido o Sistema Solar. A heliosfera e a heliopausa teranse destruído. Os restos do Sistema Solar estarán exposto non só ás últimas ondadas de radiación do Sol, senón aos potentes raios interestelares. Os átomos do que un día foi o Sistema Solar esparexeranse pola galaxia.

xoves, 25 de xuño de 2015

Triple conxunción lumínica: A Lúa, Venus e Xupiter


A NASA elixiu esta fotografía no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia como imaxe astronómica do día: unha triple conxunción da Lúa, Venus e Xúpiter que está dando a volta ó mundo grazas á axencia espacial estadounidense.

luns, 8 de xuño de 2015

Cursos de verán da Universidade de Santiago


A Universidade de Santiago de Compostela vén de publicar OS CURSOS DE VERÁN 2015

Destacamos:
- O USO DA CALCULADORA COMO RECURSO DIDÁCTICO PARA AS MATEMÁTICAS DO SÉCULO XXI
(A celebrar na Facultade de Formación do Profesorado e Centro de convivencia
Uxío Novoneyra do Concello de Lugo– Concello de Lugo).

- LaTeX: UNHA FERRAMENTA PARA A DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO CIENTÍFICO
(A celebrar na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela).

En opinión das directoras dos cursos, os alumnos de Estalmat-Galicia
(veteranos) non deberían ter problemas na interpretación dos contidos.

ANIMARSE QUE O VERÁN É MOI LONGO E PASA AXIÑA!