sábado, 24 de maio de 2014

Bases, Solicitude e Autorización para participar na III Escuela Internacional de Verano de Matemáticas en Sevilla


ASAEM Thales, en colaboración co Instituto de Matemáticas da Universidade de Sevilla (IMUS) e a Fundación Euler da Universidad de San Petersburgo, convoca a " III Escuela Internacional de verano" a celebrar na Universidade de Sevilla do 1 ao 15 de xullo de 2014. O idioma oficial será o inglés.
 O prazo para solicitalo termina o 31 de maio.

 O alumnado galego será seleccionado por persoal de ESTALMAT-Galicia 

A convocatoria é para os de 2º de Estalmat e Estalmat Pi.

domingo, 11 de maio de 2014

Despedida do curso 2013-14 ( 1º e 2º)



O 10 de maio, clausura dos cursos de ESTALMAT-Galicia pasamos un día con amigos e amigas, así o indica o nome da asociación. "ASOCIACION GALEGA DE AMIGOS..."
O noso agradecemento a toda as persoas que participan en ESTALMAT-Galicia, especialmente as familias socias de AGAES que fixeron deste día un gran día de ledicia.
Merche e Anxo

domingo, 20 de abril de 2014

Despedida de curso 2013-14 Estalmat Galicia













A SESION DO 26 DE ABRIL DOS DE 1º QUEDA APRAZADA. PARA O 10 DE MAIO.  Rematamos o mesmo día que os de 2º. Podemos unirnos  á súa proposta. 

O vindeiro sábado 26 de abril remata o curso para os de 1º de Estalmat.  Como despedida,  pola mañá, mentres os rapaces fan a sesión dando unha volta polo centro de Santiago (se fai bo tempo), os acompañantes que queiran,  tamén faremos ,  ou ben un pequeno paseo, ou ben ver algunha exposición , como por exemplo a de   Carlos Maside que se atopa na Obra  Social da Fundación Caixa Galicia , para logo subir a ver a Exposición de "Auga Doce" que se atopa na "Cidade da Cultura". As 12:30 h hai a posibilidade de facela guiada.
A exposición de Carlos Maside recorre un pouco os distintos estilos que cultivou: expresionismo, cubismo, fovismo....  (Máis sobre este pintor)

AGAES     lanza  a proposta para o 10 de maio (cando rematen as actividades do curso 2013-14, sobre ás 14 h.) facer un xantar na casa da Botica en Loimil (lugar situado a 22 km. de Santiago). Neste caso cómpre confirmar asistencia antes do luns 5 de maio.

ANOTADOS (maiores + nen@s):
Anxo            2 + 1
Xosé Antonio:  2 + 2
Manuel López: 2 + 1
M. José Abad: 3 + 1
Mary Conde:   2 + 2
Monika:     2 + 1
Ana Mª:     2+ 3
Javier Pérez 2 + 2
Ana Serra    3+1
Nito          2 + 2
María Saez 2 + 2
Luján Sánchez  2 + 2
Marina Lage      + 1
Ivan le Creurer 2 + 1
Familia Leo   2 + 1

sábado, 19 de abril de 2014

O discurso de Gabriel G. M. cando recibiu o Premio Nobel en 1982

"Antonio Pigafetta, un navegante florentino que acompañó a Magallanes en el primer viaje alrededor del mundo, escribió a su paso por nuestra América meridional una crónica rigurosa que sin embargo parece una aventura de la imaginación. Contó que había visto cerdos con el ombligo en el lomo, y unos pájaros sin patas cuyas hembras empollaban en las espaldas del macho, y otros como alcatraces sin lengua cuyos picos parecían una cuchara. Contó que había visto un engendro animal con cabeza y orejas de mula, cuerpo de camello, patas de ciervo y relincho de caballo. Contó que al primer nativo que encontraron en la Patagonia le pusieron enfrente un espejo, y que aquel gigante enardecido perdió el uso de la razón por el pavor de su propia imagen.

xoves, 10 de abril de 2014

Campionato mundial de cálculo mental "online"

Os próximos 7 e 8 de maio celebrarase o V campionato mundial "online" de cálculo mental para alumnos de primaria. A participación é gratuita e hai grandes premios en xogo.

Como participar?

sábado, 5 de abril de 2014

VIII Feira Matemática AGAPEMA


Co motivo da VIII Feira Matemática, AGAPEMA convoca tres concursos, baixo o patrocinio de EducaBarrié.
 Concursos:
1. Certame de Matmonólogos.
2. Concurso de esopías (twits onde as palabra seguen a secuencia do número Pi).
3. Concurso de Fotografía matemática.

Prazo de entrega: 22 de abril.
 Lugar de entrega: Mateblog
Categorías:
Alumnos de Primaria e primeiro ciclo da ESO. 
Alumnos de segundo ciclo da ESO e bacharelato.
 Adultos, maiores de 18 anos.
Obra máis votada na web polos usuarios.

 Máis información MATEBLOG.

La ridícula idea de no volver a verte

O libro máis persoal de Rosa Montero naceu durante o duelo pola súa parella. A escritora reflectiuse no similar proceso vivido por Marie Curie ao perder ao seu marido.

Ver máis no periódico O País.

Máis