domingo, 20 de xullo de 2014

Muller escríbese con "i" de igualdade

https://sites.google.com/site/cientificasgalegas/donas-de-siA principios do mes de xullo deste ano celebróuse en Pontevedra o XXVII Congreso da Rede PEA UNESCO  (PEA: Plan de Escolas Asociadas). Un dos traballos presentados foi o de "Muller escríbese con í de igualdade", onde entre outras, fálanos dalgunhas mulleres que foron "Donas de si" no mundo da Ciencia. 

Clica na imaxe para ver o traballo e a súa   páxina web.

Calendario Matemático - Xullo


Ver o calendario anual

venres, 20 de xuño de 2014

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza por quinto ano consecutivo o programa estival de observación astronómica da Cidade da Cultura

Por quinto ano consecutivo, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) coordinará a realización dun amplo abano de actividades de astronomía para todos os públicos incluído na programa ‘Verán no Gaiás’ da Cidade da Cultura de Galicia. Ao longo dos próximos tres meses, os venres dende o 4 de xullo ao 19 de setembro realizaranse once sesións de observación nocturna no monte Gaiás nas que as persoas que participen poderán recoñecer constelacións a simple vista e observar a través de telescopios a Lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares ou nebulosas. Concretamente, as observacións están previstas os días 4, 18 e 25 de xullo a partir das 23.00 horas; os días 1, 12, 15, 22 e 29 de agosto dende as 22.30 horas e en setembro os días 5, 12 e 19 a partir das 22.30 horas. A xornada do día 12 de agosto estará dedicada fundamentalmente á observación das estrelas fugaces Perseidas. As actividades de observación estarán acompañadas de informacións de interese, comentarios e anécdotas en relación cos obxectos a observar por parte dos monitores do OARMA, coa finalidade de facer as sesións o mais atractivo posible. As persoas interesadas poderán participar de balde nas actividades propostas previa inscrición na web www.cidadedacultura.org.

sábado, 24 de maio de 2014

Bases, Solicitude e Autorización para participar na III Escuela Internacional de Verano de Matemáticas en Sevilla


ASAEM Thales, en colaboración co Instituto de Matemáticas da Universidade de Sevilla (IMUS) e a Fundación Euler da Universidad de San Petersburgo, convoca a " III Escuela Internacional de verano" a celebrar na Universidade de Sevilla do 1 ao 15 de xullo de 2014. O idioma oficial será o inglés.
 O prazo para solicitalo termina o 31 de maio.

 O alumnado galego será seleccionado por persoal de ESTALMAT-Galicia 

A convocatoria é para os de 2º de Estalmat e Estalmat Pi.

domingo, 11 de maio de 2014

Despedida do curso 2013-14 ( 1º e 2º)



O 10 de maio, clausura dos cursos de ESTALMAT-Galicia pasamos un día con amigos e amigas, así o indica o nome da asociación. "ASOCIACION GALEGA DE AMIGOS..."
O noso agradecemento a toda as persoas que participan en ESTALMAT-Galicia, especialmente as familias socias de AGAES que fixeron deste día un gran día de ledicia.
Merche e Anxo