venres, 23 de outubro de 2015

Leonhard Euler International Charitable Foundation for Mathematics of St. Petesburg University


Vén de covocar a 16 th. Olimpíada Formulo de Integreco para alumnado da ESO e Bacharelato.


 Ver os problemas matemáticos en español solicitados para mandar na 1ª fase.

A primeira fase terá que ser enviada antes do 12 de novembro de 2015

sábado, 26 de setembro de 2015

Eclipse total de lúa

Na noite deste vindeiro domingo 27 ao luns 28 terá lugar una eclipse total de Lúa que se verá en toda a Península, tamén en Galicia tal e como se prevén as condicións meteorolóxicas. A última eclipse total de Lúa que se puido observar en España foi o día 15 de xuño de 2011, en tanto que a próxima será a do 28 de xullo de 2018.

Ler máis

xoves, 30 de xullo de 2015

Keppler- 22b. Un posible planeta xemelgo do planeta Terra.

Un posible xemelgo da Terra foi descuberto en órbita dunha estrela similar ao sol a 600 anos-luz de nós, e o novo planeta pode xuntar as características para ser habitable, segundo dixo a NASA fai uns días. Descuberto pola misión espacial Kepler, o novo planeta alcumado Keppler- 22b, é máis pequeno que Neptuno e é o primeiro habitable que se encontrou nese sistema.

Preguntoiro Científico


Resumo : Un xeito lúdico de aprender e achegarse á vida e obra de grandes científicos/-ás galegos, organizado por educaBarrié coa colaboración do Conselo dá Cultura Galega, para primaria, secundaria e bacharelato.


 Recurso educativo que consiste en adiviñar o personaxe que se mostra nos vídeos, ademais de contestar unha serie de cuestións que se formulan.

Entrar no xogo