Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
mércores, 4 de maio de 2016
luns, 2 de maio de 2016
sábado, 30 de abril de 2016
Acto de clausura da 8º Promoción
Clica na imaxe para ver o Acto de Clausura da 8º Promoción.
Co motivo da Clausura da promoción 2014-2016, algunhas familias, a titulo particular quedará a comer no comedor de Monte dá Condesa, e aínda que para o ano o máis probable é que todos repitan, comer o último día xuntos sería unha boa forma de despedirse este curso.
domingo, 24 de abril de 2016
xoves, 21 de abril de 2016
XVI Rebumbio Matemático e X Feira Matemática na Coruña
No Rebumbio Matemático participarán 312 escolares de toda Galicia, dos que 93 corresponden a centros que competirán na cidade da Coruña. Este ano producese un importante aumento no número de participantes, superando a cifra das anteriores edicións e conseguindo o récord de participación de todas as edicións. Ler máis
mércores, 20 de abril de 2016
A Elegancia no mundo 4.0
Ler todo no Correo Galego
domingo, 17 de abril de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
Concurso Explícoche Matemáticas
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración coa Fundación Barrié e o SNL, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
martes, 1 de marzo de 2016
Campus Científicos de Verán
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 7ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Co firme obxectivo de potenciar o interese de estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos diseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 3 e 30 de xullo de 2016. O programa completarase con actividades de lecer científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia) e deportivas.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día 24 de febreiro ata as 15:00h do día 16 de marzo de 2016. Na seguinte páxina web http://www.campuscientificos.es poderase atopar máis información con todos os detalles do programa.
Rogámoslle axúdenos a difundir esta iniciativa entre todos aqueles estudantes que puidesen estar interesados en presentar a súa solicitude.
En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Tfno: 91 425 18 18 (Atención telefónica de lunes a viernes de 9.00 a 13.30 horas)
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
C/ Pintor Velázquez, 5 - 28100 Alcobendas (Madrid)
Tfno: 91 425 18 18 (Atención telefónica de lunes a viernes de 9.00 a 13.30 horas)
domingo, 28 de febreiro de 2016
Clasificación Final do XXVIII Open Matemático
Clica na imaxe para ver a clasificación.
"Temos que sentirnos moi orgullossos de todos os participantes e especialmente dos que acadaron postos destacados entre os 1723 participantes:
Olaia Maceiras, SEGUNDA e ademáis a alumna máis nova entre os primeiros clasificados
Alba Blanco, SEGUNDA
Boris Carballa, TERCEIRO
Ángel Mourelle e Marcos Blanco, CUARTOS
Antón Figueroa, Antón Iglesias, Adrián, Núñez e Daniel Ramón Regueiro, QUINTOS,
José Antonio Miguélez e José Pazos, SEXTOS
Tamén felicitamos a Brais Hidalgo e a Ángel Mourelle por aparecer na clasificación de beleza
A todos os nomeados e tamén aos demáis,participantes, ¡PARABÉNS! "
Alicia e Covadonga
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
