Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
mércores, 4 de decembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
Pais de alumnos do programa ESTALMAT reclaman o respaldo económico do Goberno
O pasado luns 18 de novembro A ministra de Educación e FP en funcións, Isabel Celaá, recibiu na sede do Ministerio aos estudantes premiados ou recoñecidos nas fases nacionais, internacionais e iberoamericanas das Olimpíadas Científicas de 2019.
Ese mesmo día (os socios de AGAES foron informados atraves do correo con anterioridade) un grupo de nenos e país de ESTALMAT en representación das asociacións de Estalmat- Illas Baleares e de Castela A Mancha, ASFAMES ( Comunitat Valenciana), ACFAEC (Cataluña), AMPROES( Andalucia) e AGAES (Galicia), entregaron 2 cartas no Ministerio, unha dos alumnos pedindo que as olimpíadas se teñan en conta para as probas ABAU, e os pais reclaman melloras económicas.
Os socios de AGAES damos as grazas a Juan Luís
Costa de ASFAMES, pois foi quen se encargo de todo o relacionado coa noticia
Cartas alumnos e paisdomingo, 27 de outubro de 2019
Fotos entrega premios OPEN 2019
Desde AGAES queremos comunicar que este curso 2019/20 seguiremos participando economicamente co OPEN matemático. Damos as grazas a Cristina e Covodanga polo seu traballo o cal realizan de forma altruísta e a Trini polo seu apoio. GRAZAS
venres, 25 de outubro de 2019
Entrega de premios OPEN MATEMÁTICO 2019
Correo de Covadonga e Cristina.
Estimados OPENianos .
Escribímosvos para recordarvos que este sábado 26 de outubro entregaranse na facultade os premios do concurso OPEN matemático 2019. Estamos encantadas cos resultados obtidos este ano e moi orgullosas de que dúas das participantes que obtiveron a puntuación máxima vaian estar entre nós. É un reto non fallar en ninguna xornada e todos os participantes fixestes un gran papel.
Parabéns a tod@s.
Tamén queríamos comentarvos que estamos a facer o posible para participar este curso no OPEN 2020. Animadevós!!!!
Pronto teredes noticias nosas.
Un saúdo.
A relación de participantes que teñen distinción é a seguinte:
domingo, 20 de outubro de 2019
Santiago de Compostela acolle a final da I Olimpíada Científica Xuvenil Española
- A conselleira de Educación participou no acto de entrega dos premios
- Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos, disputaron estes días as últimas probas do certame
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no Pazo de Fonseca na entrega dos premios da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, cuxa final se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 16. Un total de 27 alumnas e alumnos de toda España, 3 deles galegos (concretamente do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago), disputaron estes días as últimas probas do certame
xoves, 17 de outubro de 2019
A USC, sede da I Olimpíada Científica Xuvenil Española
Os equipos gañadores da fase autonómica danse cita dende este mércores 16 en Santiago de Compostela na fase estatal do certame
A USC acolle dende este mércores 16 de outubro e ata o vindeiro sábado 19, a fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas. Esta é a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos, tratándose da edición inaugural desta Olimpíada Científica Xuvenil.
xoves, 3 de outubro de 2019
Nova Olimpíada Científica Xuvenil
Existen diferentes olimpíadas en Galicia e España dedicadas a diferentes disciplinas, pero ata o de agora non había una para todas as ciencias á vez. Este ano será a primeira vez que se celebre, organizada por Fernando Castro , da primeira promoción do ESTALMAT GALICIA . O pasado venres, día 27, celebrouse na facultade de matemáticas da USC a fase autonómica, e do 16 ao 19 de outubro será a fase nacional, en varias facultades e centros científicos composteláns.
Alumnos do IES Rosalía triunfaron na fase autonómica da I Olimpíada Científica Xuvenil
venres, 27 de setembro de 2019
O proxecto Estalmat-Galicia recibe á súa XIII promoción
O acto inaugural terá lugar este sábado 28 de setembro, ás 10.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas
Promocion13
![]() |
| Estalmat-Galicia ten examinado a case 4000 estudantes na súa historia. Imaxe de arquivo |
O acto de apertura do curso estará presidido polo Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, acompañado pola decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e polo presidente do proxecto Estalmat-Galicia e ex reitor da USC, Juan Viaño Rey. Xunto a eles, tomarán parte os representantes dos patrocinadores principais do proxecto, Juan Carlos Varela Vázquez, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; e Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo. Completará a mesa a profesora Mercedes Rodriguez Bruzos do IES Rosalía de Castro, en representación dos docentes que mobilizan e avalan aos estudantes que participan nas probas de selección.
http://xornal.usc.galPromocion13
sábado, 14 de setembro de 2019
Carmen Pomar loa o traballo de ESTALMAT-Galicia a prol do desenvolvemento do talento matemático entre o alumnado
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiu hoxe unha das insignias de honra que outorga este organismo en recoñecemento do labor de institucións e profesorado a prol do estímulo matemático
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, recibiu hoxe a insignia de honra de ESTALMAT-Galicia, o proxecto para a detección e estímulo do talento precoz en Matemáticas, impulsado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
(AGAPEMA), da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
e da Facultad de Ciencias de la Educación da Universidade da Coruña. Ademais de agradecer esta distinción -que no apartado institucional tamén recibiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo- Carmen Pomar subliñou que o programa de Estímulo do Talento Matemático de estudantes galegos, dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, “coincide co esforzo que a Consellería vén realizando na última década a prol do impulso das vocacións STEM entre o alumnado”.
www.xunta.gal
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








