Pódese ver en formato "unha páxina" ou "dúas páxinas".
Recollo o escrito de Alicia e Covadonga e nós AGAES engadimos algúns dos postos que se ven na clasificación:
Recollo o escrito de Alicia e Covadonga e nós AGAES engadimos algúns dos postos que se ven na clasificación:
" É un pracer achegarvos as Clasificacións do Open Matemático 2014. Podemos estar moi satisfeitos dos resultados, Estalmat Galicia aparece nas primeiras posicións nas dúas clasificación, ademais o rendemento de todos vos foi estupendo. Especial as felicitacións a todos os que viñestes á xornada presencial , a Álvaro Rodríguez, Boris Carballa e Víctor López Abad (os tres 3º clasificados), Miguel Cidrás (4º), a Eva Salgado Prieto (5ª na xeral e 2º na clasificación de beleza), tamén 5º Félix Pazo Vila e Álvaro Lafuente Díaz, e 6º Santiago Vázquez Sáez, e non vos esquezades: 913 participantes, nada menos!
Á xornada presencial viñeron 15 e a algúns non lles chegaron as catro horas e querían seguir cos problemas, sorprendente!.
Agora falta toda a parte final, a preparación de premios, a edición do libro... e a entrega de premios que será en Requena durante a fase final da Olimpiada Matemática Española. Alí estará o voso compañeiro Miguel Cidrás que poderá recoller os premios -algún ten que caer en Estalmat-Galicia-. En canto cheguen as clasificacións definitivas coa última separata, volas enviamos. E para rematar, pensamos que pode ser moi interesante para vos que vos suscribades a esta revista: http://www.oei.es/oim/revistaoim/index.html non hai que pagar e si estades suscritos chega ao voso correo. Veredes que ten algo que parece gustarvos moito: ¡¡¡PROBLEMAS!!!"
UNHA APERTA E GRAZAS A TODOS
Alicia e Covadonga
Ver algunhas fotos do Open Matemático
Ningún comentario:
Publicar un comentario