domingo, 21 de decembro de 2014

Solsticio de inverno

O inverno de 2014-2015 comezará o luns 22 de decembro ás 0 h 3 m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2015 co comezo da primavera. O día 20 de marzo haberá unha eclipse total de Sol que será visible como parcial dende a península ibérica.
Durante o inverno de 2014-2015, os planetas Venus e Marte seran doadamente visibles mirando cara ao oeste tras a posta de Sol, e Saturno se beira cara ao sur-este antes do amañecer. Xúpiter verase entrada a noite, e o 6 de febreiro estará en oposición, momento no que alcanzará o seu máximo brillo anual e sairá polo leste no momento en que o Sol se poña polo oeste.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se encontra nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso do inverno, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23 º 27') e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia o a chama tamén solsticio ("Sol quieto") de inverno. Neste instante no hemisferio sur iníciase o verán.

O día do solsticio de inverno corresponde ao de menor duración do ano. Arredor desta data encóntranse o día en que o Sol sae máis tarde e aquel en que se pon máis pronto. Un feito circunstancial non relacionado co inicio das estacións dáse tamén nesta época: o día do perihelio, é dicir, o día en que o Sol e a Terra están máis próximos entre si ao longo do ano. É esta maior proximidade ao Sol a causa de que a Terra se mova máis rapidamente ao longo da súa órbita elíptica durante o inverno (segundo a coñecida como segunda lei de Kepler) e polo tanto a duración desta estación sexa a menor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario