sábado, 3 de xaneiro de 2015

Base Lunar nos vindeiros anos

Rusia: a creación da primeira base lunar habitable costará 550 billones de rublos
A compañía rusa Lin Industrial, especialista no desenvolvemento de sistemas espaciais, anunciou que está preparada para a construción da primeira base lunar habitable, informa TASS.
O custo do proxecto denominado 'Luna Sete' alcanzará os 550 billóns de rublos. Trátase dunha primeira etapa destinada a acoller só a dous tripulantes. Estímase que se tardará uns dez anos en executar o proxecto.
Lin Industrial propón realizar 13 lanzamentos de foguetes pesados para construír a base no satélite. En total planean realizar 37 lanzamentos en cinco anos.
"O esencial na primeira etapa é encontrar un lugar para a aterraxe, desenvolver tecnoloxías que protexan da radiación e as circunstancias necesarias para manter a vida dos humanos no satélite", afirma o académico do Instituto de Investigación Espacial Lev Zelioniy

Ningún comentario:

Publicar un comentario