mércores, 16 de decembro de 2015

I Concurso de Nadal AAMHN

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC convoca o Concurso de Nadal sobre Mineraloxía.

BASES DO CONCURSO
Formato: Unha folla A4 ( incluído texto e ilustracións), en papel ou dixital. O texto deberá ser breve, en Times New Roman 12 ou outra letra de tamaño similar e as ilustracións orixinais ( debuxos ou fotografías) 

Tema: Sobre o tema xenérico “minerais” os concursantes poderán elixir libremente calquera temática relacionada con algún mineral (usos, tipos, propiedades, lendas,...). 

Categorías: Establécense 4 categorías, diferenciadas pola idade dos concursantes - De 5-8 anos - De 9-13 anos - De 14 a 17 anos - De 18 ou mais anos

 Prazo de presentación dos traballos: Do 21 decembro de 2015 ata o 8 de xaneiro de 2016.

 Lugar de presentación dos traballos: Na recepción do Museo de Historia Natural da USC . Parque de Vista Alegre. 15782 Santiago de Compostela ou por correo electrónico no enderezo museohn@usc.es, facendo constar en asunto I Concurso de Nadal AAMHN 

Proclamación dos gañadores: A derradeira semana de xaneiro de 2016

 Entrega dos premios: A data e formato do acto de entrega de premios comunicarase aos concursantes despois da data de proclamación dos gañadores. Os gañadores terán de premio unha tablet e todos os participantes recibirán un diploma da súa participación no concurso. 

 Como apoio para o concurso recoméndase a visita á exposición temporal, de entrada libre, “A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC”. 
Tamén no mesmo museo, na sala de Xeodiversidade da exposición permanente hai unha abondosa exhibición de minerais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario