domingo, 5 de marzo de 2017

Preparación OME


Como parte da súa preparación para a Olimpíada Matemática Española, que se celebrará en Alcalá de Henares do 23 ao 25 de marzo, os tres clasificados na Fase Galega, Santi, Diego e Alfonso, asisten cada mañá de sábado á Facultade de Matemáticas, onde aprenden novas técnicas e estratexias para a resolución de problemas. Todo isto é posible grazas á implicación e compromiso inestimables de Felipe Gago, Daniel Cao e David Mosquera.

Con eles tamén estivo María Rodríguez Domínguez, de 2º de ESTALMAT-Galicia, que é unha das Menciones de Honra de este ano na OMG.

Na fotografía aparecen, de esquerda a dereita: Daniel, David, María, Alfonso, Santi e Felipe. Lamentablemente, Diego non puido estar na foto

Ningún comentario:

Publicar un comentario