Xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da
Coruña (UDCC-UDC), en colaboración coa Deputación da Coruña e os Museos
Científicos Coruñeses, organiza UDCiencia 2017, unha xornada de
obradoiros científicos e tecnolóxicos para descubrir e aprender ciencia
participando en diversos experimentos e xogos, e que contará coas
explicacións de profesorado, persoal investigador e alumnado de graos e
mestrados da UDC.
As actividades de UDCiencia 2017 desenvolveranse o
sábado 16 de decembro na Domus, de 11.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 19.00 h.
https://www.udc.es/actualidade/eventos/2017/12/UDCiencia.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario