xoves, 18 de xaneiro de 2018

A fase galega da Olimpíada Matemática celébrase este venres na USC

A Facultade de Matemáticas acolle este venres 19 a fase autonómica da LIV Olimpíada Matemática Española, na que se seleccionarán os tres estudantes de bacharelato que formarán o equipo olímpico que represente a Galicia na fase nacional, a celebrar do 15 ao 18 de marzo en Jaén.

A competición dará comezo ás 10.00 horas cun acto de recepción para continuar co desenvolvemento da primeira sesión de probas: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión será ás 16.00 horas, cun programa semellante.

A entrega de premios terá lugar ás 20:30 horas na Aula Magna da facultade, nun acto presidido polo reitor Juan Manuel Viaño Rey e que contará coa presencia da decana do centro, Elena Vázquez Cendón, da subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Pilar García-Rodeja Gayoso, e do director do Instituto de Matemáticas, Alberto Cabada Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario