

O día 10 de marzo celebramos o
primeiro encontro coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia
(ASAC) na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, que
respondía a unha crecente demanda por parte de socios e socias da
Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT-Galicia (AGAES), co título:
"Encontro
con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia".
A presidenta e a vicepresidenta de
ASAC proxectáronnos un interesante e reivindicativo video da súa
asociación, dando lugar de inmediato a algunhas intervencións por
parte dos asistentes ao acto, nais e pais do alumnado de
ESTALMAT-Galicia e socios/as de AGAES, así como da decana da
Facultade e da coordinadora coas Familias de ESTALMAT-Galicia
presentes no acto.
As distintas intervencións puxeron de
manifesto as diferenzas entre os dous proxectos: por unha banda a
Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC e por
outra ESTALMAT-Galicia (estímulo do talento matemático).
A Unidade de Estudo e Investigación
en Superdotación da USC colabora coa Asociación de Altas
Capacidades, cuxo obxectivo é fornecer un lugar de encontro das
familias de nenos con alta capacidade intelectual, mentres
ESTALMAT-Galicia colabora con AGAES cos obxectivos de detectar e
tratar o talento matemático precoz.
Conscientes destas diferenzas, deixamos
a porta aberta a futuras colaboracións entre as distintas
asociacións para chegarmos a unha formación complementaria para
familias e alumnado.
Agradecementos:
Á decana da Facultade de Matemáticas
pola súa presenza e disponibilidade do Centro.
Ás nosas convidadas: presidenta e
vicepresidenta de ASAC.
Á Coordinadora coas familias de
ESTALMAT-Galicia.
Saúdos
A directiva de AGAES
Ningún comentario:
Publicar un comentario