xoves, 10 de maio de 2018

A Facultade e o Instituto de Matemáticas da USC presentaron o estudo sobre o grao de satisfacción e inserción laboral do alumnado graduado do centro

No acto interviñeron a decana da Facultade, M. Elena Vázquez Cendón, quen afirmou que “os resultados son moi positivos tanto en grao como en mestrado e doutoramento”, e Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, para quen “a calidade mídese na satisfacción dos egresados, nos contidos que aprenden nas clases, na ilusión e na capacidade de acceder ao mercado laboral ben preparados”.

Pola súa banda, Alberto Cabada Fernández, director do Instituto de Matemáticas da USC, destacou durante a presentación “a capacidade dos nosos estudantes de crear unha linguaxe común  entre diferentes disciplinas, o que permite conseguir unha alta inserción laboral”.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_05/noticia_0045.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/05/10/mitad-graduados-matematicas-trabajan-resto-estudian-preparan-oposiciones/0003_201805S10C6993.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario