martes, 26 de xuño de 2018

E4G2018 Encontro con Egresados e entrega de Diplomas e premios OPEN MATEMÁTICO 2018


PROGRAMA:

21 de Xullo ás 9.45 h. Benvida e plans da xornada

1º Grupo:  O alumnado inscrito quedará na Facultade de Matemáticas.
. Cómpre que vos inscribades o antes posible no seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfCaS-AZrDzRoYSDoH5UbXPus0L1wT-qa_bjFfD_Tdvme1bNw/viewform

• Para xestionar de xeito óptimo as actividades e a comida, por favor anotádevos o máis rápido posible, antes do venres 13 de xullo. Se vos xurde despois algún imprevisto, ou queredes cambiar algo, volvede entrar no enlace. Se facedes algunha modificación despois da data indicada, enviade un correo a: estalmatgalicia@gmail.com
E4G2018 Encontro con EGRESADOS e entrega de diploma e premios OPEN 2018


2º Grupo: NAIS E PAIS E ACHEGADOS
10,15 h. Saída e visita guiada por Compostela. Principais marcas de propiedade das vivendas do casco histórico compostelán (marcas de Fonseca, de San Martiño  Pinario, da catedral, do concello, etc). Estas marcas de propiedade esténdense por toda a cidade e as compostelás son as únicas que se conservan dos burgos medievais
15,00h. Xantar (as familias interesadas en participar nun xantar conxunto, deberán confirmar no correo amigosdoestalmat.galicia@gmail.com)
19:30 h. Acto de clausura. Entrega de diplomas das batallas e de premios do Open Matemático. 

Colabora







Ningún comentario:

Publicar un comentario