![]() |
PDF. Bases de partcipación |
Xa deu comezo a XXXI edición do Open Matemático. Póñovos a mensaxe de Covadonga:
Este ano o concurso, xa na XXXI edición, ten como lema XEOMETRÍA PUNTO A PUNTO, e está organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.
Este ano o concurso, xa na XXXI edición, ten como lema XEOMETRÍA PUNTO A PUNTO, e está organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.
As instruccións para participar baixo as siglas de AGAES-ESTALMAT-Galicia son:
- Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén sirven fotografías pero deben ter a resolución adecuada para que podan lerse sen dificultade.En cada problema deben aparecer datos da persoa que participa: NOME e APELIDOS,CURSO ESCOLAR,CURSO ESTALMAT: 1º, 2º PI, V1,V2 (veteranos 1,2)
- Envialos por correo electrónico no prazo previsto, que na primeira xornada remata ás 14:30 horas do 22 de xaneiro, ás direccións das profesoras encargadas, Cristina e Covadonga: ¡POR FAVOR! POÑEDE AS DÚAS DIRECCIONS.
- Cando recibamos as respostas daremoslle a reenviar ao correo entrante, esa será a sinal de que chegou correctamente.
- No asunto do correo poñede: Nome, apelido, curso que estades estudando e a xornada Open 2019, por exemplo:Isabel Martínez- 3º ESO- 1ª Xornada Open
- Cada xornada enviaremos ao correo dende o que nos cheguen os problemas, as solucións e os problemas da sesión seguinte. O blog de AGAES http://sociosagaes.blogspot.
com.es/ fará o seguemento deste concurso e poderán consultarse alí as clasificacións. - NON É UNHA ACTIVIDADE OBRIGATORIA. Tampouco é necesario resolver todos os problemas de cada xornada nin participar en todas as xornadas.
É importante ler detidamente as bases e as instruccións.
As solucións dos problemas deben aparecer moi xustificadas. Non serve poñer únicamente como solución un valor ou unha frase (Por exemplo: "non é posible").
A puntuación dun problema ou son 2 puntos ou 0 puntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario