luns, 25 de febreiro de 2019

OPEN MATEMÁTICO 2019. RESULTADOS FINAIS E VALORACIÓNS

Os socios de AGAES queremos dar as grazas ás dúas coordinadoras do OPEN MATEMÁTICO, Covadonga e Cristina xa que sen elas este non seria posible. A continuación poñemos o correo que nos mandan.


Queridos participantes e familiares do OPEN, temos o inmenso placer de comunicar que o OPEN 2019 remata con resultados brillantes para AGAES-ESTALMAT- Galicia.  Nesta edición tivemos unha participación moi alta, rondando os 30 participantes en casi todas as xornadas e 16 na xornada de concentración do venres pasado na Facultade de Matemáticas.
 
O balance da clasificación final, despois da concentración presencial da que vos enviamos os enunciados e solucións, amosa dous primeiros postos (Juliá M. e Nuria), dous segundos (Martín e Pedro), dous terceiros (Iago, e Tomás G.), catro cuartos clasificados, cinco quintos (¡curiososo!) e 1 sexto.

 Ademáis, na clasificación de beleza entraron tres persoas: Daniel P., Héctor C. e Julia M. o que supón o 20% das belezas outorgadas en todo o concurso.
 
 
Estamos encantadas e moi orgullosas non so dos resultados senón tamén do ambiente creado arredor do concurso.  En primeiro lugar  queremos agradecer a todos o participantes a responsabilidade que amosaron en todo momento, cumprindo estrictamente os prazos establecidos e as bases do concurso.  En segundo lugar  queremos agradecer ás familias o esforzo realizado nas seis xornadas facendo que o concurso saíra adiante, especialmente aos que asististes á xornada presencial pois somos conscientes do que supón un desprazamento a Santiago toda a tarde dun venres, tendo en conta que esa viaxe debía repetirso ao día seguinte para asistir a sesión de ESTALMAT.
 
Tamén queremos agradecer a AGAES o apoio non so económico que se achega ao Colectivo Frontera, organizador do concurso,  senón tamén o seu labor de divulgación da actividade a través do blog (sociosagaes.blogspot.com) e o apoio que sempre atopamos na Asociación Galega de Amigos de Estalmat Galicia. 
Non queremos rematar sen mencionar o respaldo e a boa disposición e o apoio do  Comité Organizador de Estalmat Galicia.

Continuaremos enviando correos coas follas matemáticas que nos cheguen e coa información dos actos de entrega de premios, tanto en Requena (Valencia) como en Santiago.
 
 

 

Anexos
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario