 |
María José Alonso, catedrática da USC. Foto: Paula Martínez Graña.
|
Un novo fito na carreira de María José Alonso, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela. Segundo informou este martes a institución, converteuse na investigadora
máis influente de España
atendendo ao índice de citación dos seus traballos científicos. O ránking do
índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h
71, a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. O ano pasado, Alonso xa era a
máis influente no eido das Ciencias da Saúde, no que se mantén neste 2019 á cabeza.
https://www.gciencia.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario