Etiquetas
- Acrosport
- Arqueoloxía
- Asembleas
- Astronomía
- Biografías
- Boletíns
- Calendario Matemático
- Campamentos
- Celebracións
- Concursos
- Congresos
- Curiosidades
- Cursos
- Documentos
- Educación
- Fotos
- Guitiriz
- Historia
- Humor
- Informática
- Libros
- Música
- Novas
- Open Matemático
- Opinión
- Poesía
- Premios
- Prensa
- Problemas
- Recursos
- Revista Open
- Saídas Culturais
- Xogos
- Xuntanzas
martes, 23 de setembro de 2014
Novo boletín de subcripción
Este é novo modelo de subcripción da Asociación Galega de Amigos do Estalmat-Galicia 2024. Atoparase sempre neste blog na columna da esquerda (arriba).
sábado, 20 de setembro de 2014
Taller Teórico-Práctico de Astronomía
Data de comezo.
Co comezo dun novo curso ESTALMAT Galicia a Asociación Galega de Amigos de Estalmat-Galicia (AGAES) e O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organizan o Curso de Iniciación (Telescopios, reloxos de sol, bólidos e meteoritos) para alumn@s e exalumn@s de Estalmat-Galicia.
Lugar: Observatorio Astronómico Ramón Ma Aller (Campus Universitario) de Santiago de Compostela.
Sesións teóricas - Total: 6 Sesións. 4 teóricas (obradoiros) e 2 prácticas ( de observación) mediante telescopios e a simple vista.
Material didáctico: Planisferios, unidade didáctica.
Preinscrición: Ata o 30 de setembro, por correo electrónico á: amigosdoestalmat.galicia@gmail.com, incluíndo os seguintes datos: Nome e D.I. do pai ou nai; nome, apelidos, idade, e D.I do alumn@
Inscrición: Ata 4 de outubro
Temática do curso: Os telescopios, reloxos de sol e bólidos serían obradoiros.
É un curso de iniciación á Astronomía con sesión de observación e obradoiros. No cursiño falarase dos obxectos que podemos observar no ceo: a Lúa, os planetas, estrelas, nebulosas, cúmulos, galaxias, ademais do Sol. Farase fincapé na localización de constelacións a simple vista coa axuda do planisferio. En obradoiros temáticos, explicaráse como se monta un telescopio e como se lle pode sacar o máximo rendimento. Unha sesión de observación cos telescopios do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, completará este contacto coa Astronomía de rapaces e rapazas de dos pais e nais.
Desde séculos a Astronomía ten unha estreita relación coas Matemáticas, e hoxendía aínda máis se cabe na súa rama de Astrodinámica, pero tamén en Astrofísica e incluso en Astrobioloxía.
Esta é unha actividade moi interesante para os amantes das Matemáticas.
Apuntate!

venres, 15 de agosto de 2014
Maryam Mirzakhani (Irán) gaña unha Medalla Fields
A sorpresa para moitos é que foi galardoada, por primeira vez na historia, unha muller: Maryam Mirzakhani, nada en Irán, profesora da Universidad de Stanford, California. Ler máis
domingo, 20 de xullo de 2014
Muller escríbese con "i" de igualdade
A principios do mes de xullo deste ano celebróuse en Pontevedra o XXVII Congreso da Rede PEA UNESCO (PEA: Plan de Escolas Asociadas). Un dos traballos presentados foi o de "Muller escríbese con í de igualdade", onde entre outras, fálanos dalgunhas mulleres que foron "Donas de si" no mundo da Ciencia.
Clica na imaxe para ver o traballo e a súa páxina web.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)