martes, 11 de novembro de 2014

A obra de Carlos Maside en Santiago de Compostela

Este sábado a nosa asociación AGAES organiza unha visita guiada ó Centro Cultural Afundación, ás 11:45 h , na rúa do Vilar nº 19 , onde se acolle a mostra 'Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre', un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a propia fundación. A mostra vén celebrar que toda a herdanza pictórica que Maside deixou a Galicia se atopa xa en Compostela, o lugar no que o artista viviu e no que dispuxo que a súa obra repousase. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van desde o óleo ata a acuarela pasando pola tinta chinesa sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores, xa que figura de Maside foi clave no renacemento pictórico galego.

O prezo da visita será  1 € por persoa,   avisar antes do xoves  día 13 do presente ó correo da asociación que está posto no blog (arriba a esquerda)

Ler máis sobre a exposición

domingo, 9 de novembro de 2014

Ramón María Aller e as " Estrelas duplas"

Ramón María Aller,  sacerdote,  apasionado da astronomía  e matemático,  deu clases de  Análise Matemática e Xeometría analítica na Universidade de Santiago,  foi o 1º en calcular a órbita de dúas "Estrela duplas" en España. Con estes datos pódese predecir, entre outras cousas, a masa dunha estrela ou  cando vai morrer  dita estrela.

1ª Sesión do Curso Astronomía AGAES

Onte, con moita chuvia e moitas nubes, comezamos o "Curso de astronomía" organizado pola nosa Asociación (AGAES).  Comezamos ollando  as isntalacións do observatorio, recibimos as primeiras nocións astronómicas e contáronnos a historia  deste curioso observatorio, que imos resumir aqui : A Universidade de Santiago de Compostela dispón dende o ano 1943 dun Observatorio Astronómico fundado polo eminente astrónomo Ramón Mª Aller, cando trasladou dende Lalín (Pontevedra) os seus telescopios e libros. Hoxe en día, o Centro está cientificamente xestionado por un equipo de investigación da USC con gran proxección internacional, sobre todo no campo das estrelas dobres e múltiples, e ademais do seu carácter docente ten amplos programas de divulgación para o público.
O Observatorio posúe na actualidade un dos maiores telescopios do estado no ámbito universitario.

Artigos relacionados:
Horario dos grupos 
 Unidade didáctica 
Ramón Mª Aller e as Estrelas Duplas

 NOTA: Se tedes algunha foto o artigo interesante relacionado coa actividade non dubides en notificalo.

Calendario matemático - Novembro

sábado, 8 de novembro de 2014

Días, lugar e horario do Taller de Astronomía

Clica na imaxe para ver o resumo das datas.

 NOTA: No 1º grupo, que entra ás 17:00 h,  están  os alumn@s de primeiro de Estalmat xunto cos pais/nais que se apunten sempre que haxa vacantes no alumnado.

No 2º grupo,   que entra ás 18:15 h están os alumn@s de 2º, 3º e os ex-lumnos de Estalmat.



VER a ubicación do Observatorio Ramón Mº Aller

VER UNIDADE DIDÁCTICA


Artigo relacionado